Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30721

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2021, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de administración xeral e corpo facultativo de grao medio de administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 7 de xuño de 2021, a comisión nomeada pola Resolución do 17 de xullo de 2020 (DOG núm. 152, do 30 de xullo) para cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de administración xeral e corpo facultativo de grao medio de administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico convocado pola Resolución do 7 de febreiro de 2020 (DOG núm. 32, do 17 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. Ao non ter recibido ningunha alegación, elevar a definitivas as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na fase de concurso, feitas públicas pola Resolución do 10 de maio de 2021 (DOG núm. 94, do 21 de maio). A presente resolución fai referencia ás persoas que realizaron a proba o día 16 de marzo de 2021.

Segundo. Segundo o establecido na base IV.1 da resolución de convocatoria, publicar como anexo á presente resolución a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso de funcionarización para cada categoría e propor o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.9 da resolución de convocatoria, contra o presente acordo da comisión poderá presentarse un recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2021

Rubén Plaza Martínez
Presidente da comisión

ANEXO

Persoas aptas no procedemento

Categoría 002

ATS. Enfermeiro/a. Practicante. DUE

Apelidos, nome

NIF

Bernárdez Diéguez, Rita

***3706**

Categoría 006

Educador/a. Profesor/a especial

Apelidos, nome

NIF

Ríos Fernández, María Hortensia

***5369**

Tizón Collazo, María Asunción

***8847**

Categoría 017

Asistente social

Apelidos, nome

NIF

García Gutiérrez, Joaquín

***2023**