Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30719

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2021, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala de persoal subalterno da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo da categoría 003 do grupo V (ordenanza, celador/a, vixilante oficinas...) pertencente ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 7 de xuño de 2021, a comisión nomeada pola Resolución do 17 de xullo de 2020 (DOG núm. 152, do 30 de xullo) para cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala de persoal subalterno da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo da categoría 003 do grupo V (ordenanza, celador/a, vixilante oficinas...) pertencente ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 7 de febreiro de 2020 (DOG núm. 32, do 17 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. Ao non ter recibido ningunha alegación, elevar a definitivas a cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na fase de concurso, feitas públicas pola Resolución do 10 de maio de 2021 (DOG núm. 94, do 21 de maio). A presente resolución fai referencia ás persoas que realizaron a proba o día 16 de marzo de 2021.

Segundo. Segundo o establecido na base IV.1 da resolución de convocatoria, publicar como anexo á presente resolución a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso de funcionarización para cada categoría, propoñendo o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira

Terceiro. De acordo co disposto na base III.9 da resolución de convocatoria, contra o presente acordo da comisión poderá presentarse recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2021

Rubén Plaza Martínez
Presidente da comisión

Anexo

Persoas aptas no procedemento

Categoría 003

Ordenanza, celador/a, vixilante oficinas (...)

Apelidos e nome

NIF

Infante Fouz, María Mercedes

***4676**

Abelleira Vega, María Teresa

***1314**