Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31111

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 7 de xuño de 2021 pola que se regulan as modalidades dos nomeamentos de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia.

As modalidades dos nomeamentos de persoal estatutario temporal están actualmente reguladas, como norma específica, na Orde da Consellería de Sanidade, do 1 de xullo de 1997 (modificada pola Orde do 22 de marzo de 2000), pola que se regulan as modalidades de formalización do vínculo do persoal temporal de institucións sanitarias xestionadas polo Servizo Galego de Saúde. Esa orde incorpora, como anexos, os diversos modelos de nomeamentos.

Desde esas datas producíronse algunhas novidades normativas moi relevantes, nomeadamente a aprobación do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde mediante a Lei 55/2003, do 16 de decembro. Esta lei consolida a vinculación deste persoal como unha relación funcionarial de carácter especial e contén preceptos básicos en materia de persoal estatutario temporal e promoción interna temporal.

En consecuencia, a simple necesidade de que os modelos de nomeamentos se axusten a esta realidade normativa -non citan o Estatuto marco- xustificaría unha modificación da dita Orde do 1 de xullo de 1997.

Outras disposicións relevantes no ámbito do emprego público, posteriores á Orde do 1 de xullo de 1997, son o Estatuto básico de empregado público, aprobado inicialmente pola Lei 7/2007, do 12 de abril, e cuxo texto refundido foi aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Estas leis, nos seus artigos 2 e 6 respectivamente, recoñecen as especialidades reguladas na normativa específica do persoal estatutario, aínda que constitúen normas de referencia para as relacións de emprego público.

Cómpre precisar que esta orde, como se explicita no seu artigo 1, non pretende atinxir aspectos moi relevantes e mesmo esenciais do réxime xurídico do persoal temporal, como serían aqueles enmarcados na normativa orzamentaria -nomeadamente, a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para cada ano- ou nas disposicións, pactos e acordos que regulan os procedementos de selección; este é o caso do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal vixente en cada momento (actualmente, o pacto publicado no Diario Oficial de Galicia do 30 de xuño de 2016).

Tampouco afecta esta orde aqueles aspectos particulares dos vínculos temporais que son obxecto dunha regulación específica, como serían neste momento as bases do nomeamento eventual de continuidade publicadas no Diario Oficial de Galicia núm. 22, do 31 de xaneiro de 2019, ou o nomeamento eventual por emerxencia sanitaria introducido no Plan de continxencia publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 242, do 1 de decembro de 2020.

Desta forma, a orde céntrase en aspectos moi particulares da vinculación estatutaria temporal, como son a adquisición da condición de persoal temporal, o seu período de proba, os tipos de nomeamentos pola causa da súa expedición, a súa vixencia ou duración e extinción. E todo isto co obxecto de que nestas materias, e na expedición dos nomeamentos, se actúe de xeito uniforme en todo o Sistema público de saúde de Galicia.

A orde consta de 11 artigos nos cales se regulan o seu obxecto e ámbito de aplicación, a adquisición da condición de persoal estatutario temporal, os nomeamentos de interinidade e substitución, os nomeamentos eventuais para a prestación dun servizo ou programa determinado, por acumulación de tarefas, para a realización de gardas de persoal licenciado sanitario e para a cobertura dunha redución de xornada, o cesamento do persoal temporal, o período de proba e os nomeamentos en promoción interna temporal.

Na regulación desas diversas modalidades dos nomeamentos temporais, e sobre a base de que estes son necesarios para garantir o funcionamento permanente das institucións sanitarias, a orde vén completar a regulación do Estatuto marco nuns termos que reforzan o principio de causalidade nas vinculacións do persoal temporal, ao aludir ás causas e circunstancias concretas que xustifican cada modalidade de nomeamento temporal. Ademais, incidindo na esencial temporalidade dos nomeamentos, a orde establece cando procede -este é o caso dos nomeamentos eventuais- unha duración máxima destes e as razóns obxectivas que poden xustificar a súa prórroga.

Engádense unha disposición adicional sobre certo contido adicional aos propios nomeamentos que pode resultar preceptivo incluír en aplicación de diversa normativa, unha disposición transitoria que declara a pervivencia da normativa anterior a esta orde para os nomeamentos expedidos antes da súa entrada en vigor e unha disposición derrogatoria única.

Pechan o texto dúas disposicións derradeiras relativas, respectivamente, á habilitación para a execución da orde e á súa entrada en vigor.

Respecto ao contido da primeira procede sinalar que, contando co precedente da Orde do 1 de xullo de 1997, esta nova orde incorpora como anexos os diversos modelos básicos de nomeamentos do persoal temporal. No entanto, dado que o modelo en que se formaliza un nomeamento carece pola súa propia natureza de efectos normativos, e supón exclusivamente un modelo de resolución administrativa de aplicación xeral, habilítase expresamente o centro directivo con competencias en materia de recursos humanos para actualizar os modelos de nomeamentos coa debida publicidade, de forma que estes poidan adaptarse ao marco normativo vixente en cada momento.

E no que se refire á segunda, adíase a entrada en vigor desta orde ata o 1 de setembro de 2021, para os efectos de que se realicen as adaptacións precisas nas aplicacións informáticas a través das cales se articula o sistema de nomeamentos.

A tramitación desta norma adecuouse ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Por último, o texto da orde adecúase aos principios de boa regulación descritos no artigo 129.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e no artigo 37.a) da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico. Así, a norma persegue un obxectivo de interese xeral, como é adaptar os modelos de nomeamentos temporais á normativa vixente.

Esta orde dítase tras a súa negociación na Mesa sectorial de negociación do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

De acordo co anterior, no uso das atribucións que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

Esta orde ten por obxecto regular as modalidades dos nomeamentos do persoal estatutario temporal nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e demais entidades públicas instrumentais adscritas á consellería con competencias en materia de sanidade ou ao devandito organismo autónomo.

A regulación contida nesta orde enténdese sen prexuízo do disposto na Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, nos preceptos da normativa orzamentaria relativos á incorporación de persoal temporal, nas disposicións específicas sobre atribución de competencias e autorizacións previas, e nas disposicións, pactos e acordos que regulan os procedementos de selección de persoal estatutario temporal ou as súas condicións de traballo.

Artigo 2. Adquisición da condición de persoal estatutario temporal

A condición de persoal estatutario temporal adquírese polo cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Ser seleccionado de conformidade coa normativa vixente.

b) Ser nomeado polo órgano competente.

c) Incorporarse de modo efectivo ao desempeño das funcións que corresponden ao nomeamento, coas excepcións que se establezan para supostos particulares como a maternidade, a adopción legal e a suspensión por risco durante o embarazo.

Tamén se deberán cumprir os requisitos adicionais establecidos na normativa de protección xurídica do menor.

Artigo 3. Nomeamento de interinidade

O nomeamento temporal de carácter interino expedirase para o desempeño dunha praza vacante do cadro de persoal, cando sexa necesario atender as correspondentes funcións. Este nomeamento formalizarase no modelo que figura no anexo I.

Artigo 4. Nomeamento de substitución

O nomeamento temporal de substitución expedirase cando resulte necesario atender as funcións de persoal fixo ou temporal, durante os períodos de vacacións, permisos e demais ausencias de carácter temporal que comporten a reserva da praza.

Este nomeamento formalizarase no modelo que figura no anexo II.

Artigo 5. Nomeamento eventual para a prestación dun servizo ou programa determinado

1. Expedirase nomeamento eventual para a prestación dun servizo ou programa determinado que teña autonomía e substantivade propia e sexa limitado no tempo.

O nomeamento non responderá en ningún caso a necesidades permanentes e deberá especificar e identificar suficientemente, con precisión e claridade, o servizo ou programa temporal que constitúe o seu obxecto.

2. No nomeamento constará a súa duración. Cando esta sexa incerta e non sexa posible determinala inicialmente, farase constar que a duración será ata a finalización do servizo ou programa obxecto do nomeamento.

A súa duración máxima, incluídas as posibles prórrogas, será de tres anos, ampliables ata doce meses máis se así o xustifica a duración do servizo ou programa determinado.

Este nomeamento formalizarase no modelo que figura no anexo III.

Artigo 6. Nomeamento eventual por acumulación de tarefas

1. O nomeamento eventual por acumulación de tarefas expedirase cando sexa necesario polo exceso ou a acumulación de tarefas ou o déficit circunstancial do cadro de persoal.

No nomeamento constará a causa ou circunstancia que o xustifique.

2. A duración do nomeamento será a que requira a causa que o xustifique, cun límite de seis meses, incluídas as posibles prórrogas, dentro dun período de doce meses.

Esa duración poderá superarse, con carácter excepcional e na medida estritamente necesaria, cando persista no tempo a causa que motivou o nomeamento e se trate dunha categoría ou especialidade sen aspirantes dispoñibles.

Este nomeamento formalizarase no modelo que figura no anexo IV.

Artigo 7. Nomeamento eventual para a realización de gardas de persoal licenciado sanitario de centros hospitalarios (gardas médicas)

O nomeamento eventual para a realización de gardas expedirase no ámbito hospitalario para a cobertura das gardas que resulten necesarias, cando estas non estean cubertas polo persoal facultativo e mentres persista esta situación.

En función das necesidades, o nomeamento poderá ter carácter singular, vinculado a un servizo determinado de gardas, ou prolongado no tempo para a cobertura das gardas no período que resulte necesario.

A súa duración inicial non superará os seis meses e poderá ser prorrogado mentres persista a necesidade de cobertura de gardas.

Este nomeamento formalizarase no modelo que figura no anexo V.

Artigo 8. Nomeamento eventual para a cobertura dunha redución de xornada

Este nomeamento eventual expedirase para complementar a xornada non realizada por unha persoa con redución de xornada, e formalizarase no modelo que figura no anexo VI.

Artigo 9. Cesamento do persoal temporal

O cesamento do persoal temporal producirase, ademais de polas causas que determinan a perda da condición de persoal estatutario fixo, cando concorra algunha das seguintes circunstancias:

1. Persoal interino: cando se incorpore persoal fixo, polo procedemento legal ou regulamentariamente establecido, á praza que desempeñe, así como cando a praza resulte amortizada.

2. Persoal substituto: cando se reincorpore a persoa a que substitúa, así como cando esta perda o seu dereito a reincorporarse á mesma praza ou función. Para estes efectos, o cambio da causa da ausencia da persoa substituída non implicará o cesamento da persoa substituta.

3. Persoal eventual: cando finalice a causa ou venza o prazo que expresamente se faga constar no nomeamento, así como cando se supriman as funcións que no seu día o motivaron.

Tamén cesará o persoal temporal polo incumprimento sobrevido dos requisitos exixidos para o desempeño da praza ou funcións.

Artigo 10. Período de proba

Nos nomeamentos temporais, incluídos os realizados en promoción interna temporal, establecerase un período de proba durante o cal será posible a resolución por instancia de calquera das partes e sen ningunha clase de indemnización. A resolución por instancia da institución será motivada e expresará os feitos que a xustifican.

Para desempeñar prazas correspondentes a categorías para cuxo acceso se requira unha titulación universitaria, a duración do período de proba será de tres meses. Noutro caso, a duración do período de proba será de dous meses. En ambos os casos, se a duración do nomeamento está precisada nel, o período de proba non poderá exceder a metade da dita duración.

O período de proba será de traballo efectivo, e o seu cómputo suspenderase durante a situación de incapacidade temporal ou calquera outra que supoña a non prestación de servizos efectivos.

Estarán exentas do período de proba as persoas que xa o superasen con ocasión dun anterior ou anteriores nomeamentos temporais. Para estes efectos, enténdese por superación a realización efectiva durante dous ou tres meses, segundo a titulación de acceso, e nos dous anos anteriores á expedición do novo nomeamento, de funcións das mesmas características no Servizo Galego de Saúde ou entidade adscrita.

Artigo 11. Nomeamentos en promoción interna temporal

O persoal estatutario fixo poderá acceder a outra categoría, en situación de promoción interna temporal, mediante os nomeamentos temporais regulados nesta orde. Os modelos que figuran nos anexos I a VI serán adaptados, na medida necesaria, para axustarse a esa situación.

Disposición adicional única. Contido adicional dos nomeamentos temporais

Os nomeamentos temporais incorporarán como contido adicional as cláusulas, declaracións, autorizacións ou calquera outra manifestación que resulten preceptivas de conformidade coa normativa que regula as incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, a protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, a protección xurídica do menor ou calquera outra normativa vixente.

Disposición transitoria única. Nomeamentos expedidos antes da entrada en vigor desta orde

Esta orde non será de aplicación aos nomeamentos expedidos antes da entrada en vigor desta orde, os cales se regularán pola Orde do 1 de xullo de 1997, da Consellería de Sanidade, pola que se regulan as modalidades de formalización do vínculo do persoal temporal de institucións sanitarias xestionadas polo Servizo Galego de Saúde.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Queda derrogada a Orde do 1 de xullo de 1997, da Consellería de Sanidade, pola que se regulan as modalidades de formalización do vínculo do persoal temporal de institucións sanitarias xestionadas polo Servizo Galego de Saúde, e aquelas disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao establecido nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para a execución

Facúltase a persoa titular da dirección xeral competente en materia de recursos humanos para ditar os actos de execución que resulten oportunos en aplicación desta orde. En exercicio desta habilitación establecerá o modelo ou modelos de prórroga dos nomeamentos temporais, e poderá adaptar ou modificar os modelos de nomeamentos temporais cando sexa preciso como consecuencia da modificación do marco normativo.

Queda facultada, así mesmo, para adaptar os modelos de nomeamentos temporais a aqueles supostos en que son desempeñados por persoal fixo en promoción interna temporal, de conformidade co previsto no artigo 11 desta orde.

Na páxina web do Servizo Galego de Saúde estarán dispoñibles e debidamente actualizados os modelos de nomeamentos de persoal estatutario temporal, así como os das súas prórrogas.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o 1 de setembro de 2021.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2021

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Nomeamento de persoal estatutario interino

De conformidade co disposto no artigo 9.1 e 2 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, e no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do …., pola que se regulan as modalidades dos nomeamentos de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia, acórdase o seu nomeamento como persoal interino na praza que se indica, ata que se incorpore a ela persoal fixo, polo procedemento legal ou regulamentariamente establecido, ou se proceda á súa amortización.

Este nomeamento, sexa cal sexa a súa duración, non supón dereito ningún a acceder a un vínculo de carácter fixo ou permanente.

O réxime xurídico será o que establece a Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, e a normativa de desenvolvemento e complementaria que resulte aplicable.

Establécese un período de proba de … Este período de proba será de traballo efectivo, e non será aplicable no caso de que a persoa nomeada xa o superase, de conformidade co que establece o artigo 10 da devandita orde da Consellería de Sanidade.

1. Datos da persoa interesada:

– Apelidos e nome:

– NIF/NIE: …. C.N.P.: ...

– Titulación:

– Especialidade (de ser o caso):

2. Datos da praza que se desempeñará:

– Categoría:

– Especialidade (de ser o caso):

– Código e denominación orzamentarios:

– Centro de xestión:

– Centro de traballo:

– Xornada:

– Lugar e data:

A persoa directiva que asina o nomeamento

Asdo.: ...

Disposición que atribúe a competencia para expedir o presente nomeamento: …

– Faise constar que no día da data, a persoa interesada efectuou a súa incorporación efectiva ao desempeño das funcións que corresponden ao seu nomeamento.

Lugar e data

A persoa interesada, a persoa directiva ou cargo que dilixencia a incorporación

Asdo: ...

– Faise constar que existe crédito suficiente para facer fronte a este nomeamento, e queda contraída a obriga no día da data.

Lugar e data:

A persoa titular da Dirección Xeral de Recursos Humanos (ou equivalente)

Asdo: ...

ANEXO II

Nomeamento de persoal estatutario substituto

De conformidade co disposto no artigo 9.1 e 4 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, e no artigo 4 da Orde da Consellería de Sanidade do …, pola que se regulan as modalidades dos nomeamentos de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia, acórdase o seu nomeamento como persoal substituto da persoa que se indica, ata que esta se reincorpore ou perda o seu dereito a reincorporarse á mesma praza ou función.

Este nomeamento, sexa cal sexa a súa duración, non supón dereito ningún a acceder a un vínculo de carácter fixo ou permanente.

O réxime xurídico será o que establece a Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, e a normativa de desenvolvemento e complementaria que resulte aplicable.

Establécese un período de proba de … Este período de proba será de traballo efectivo, e non será aplicable no caso de que a persoa nomeada xa o superase, de conformidade co que establece o artigo 10 da antedita orde da Consellería de Sanidade.

1. Datos da persoa interesada:

– Apelidos e nome:

– NIF/NIE: … C.N.P.: ...

– Titulación:

– Especialidade (de ser o caso):

2. Datos da praza que se desempeñará e causa do nomeamento:

– Categoría:

– Especialidade (de ser o caso):

– Código e denominación orzamentarios:

– Centro de xestión:

– Centro de traballo:

– Xornada: [ ] Parcial. Porcentaxe:

– Apelidos e nome da persoa substituída:

– Motivo da ausencia da persoa substituída:

– Desde … Ata …

– Lugar e data:

A persoa directiva que asina o nomeamento

Asdo.:

Disposición que atribúe a competencia para expedir o presente nomeamento: …

– Faise constar que no día da data, a/o interesada/o efectuou a súa incorporación efectiva ao desempeño das funcións que corresponden ao seu nomeamento.

Lugar e data

A persoa interesada, a persoa directiva ou cargo que dilixencia a incorporación

Asdo.:

– Faise constar que existe crédito suficiente para facer fronte a este nomeamento, e queda contraída a obriga no día da data.

Lugar e data:

A persoa titular da Dirección Xeral de Recursos Humanos (ou equivalente)

Asdo.:

ANEXO III

Nomeamento de persoal estatutario eventual para a prestación dun servizo ou programa determinado
(Fóra do cadro de persoal)

De conformidade co disposto no artigo 9.1 e 3 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, e no artigo 5 da Orde da Consellería de Sanidade do …, pola que se regulan as modalidades dos nomeamentos de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia, acórdase o seu nomeamento como persoal estatutario eventual para a prestación dun servizo ou programa determinado.

Este nomeamento, sexa cal sexa a súa duración, non supón dereito ningún a acceder a unha praza do cadro de persoal da institución ou a un vínculo de carácter fixo ou permanente.

O réxime xurídico será o que establece a Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, e a normativa de desenvolvemento e complementaria que resulte aplicable.

Establécese un período de proba de … Este período de proba será de traballo efectivo, e non será aplicable no caso de que a persoa nomeada xa o superase, de conformidade co que establece o artigo 10 da devandita orde da Consellería de Sanidade.

1. Datos da persoa interesada:

– Apelidos e nome:

– NIF/NIE: … C.N.P.: ...

– Titulación:

– Especialidade (de ser o caso):

2. Causa, funcións e duración do nomeamento:

– Identificación do servizo ou programa determinado:

– Categoría:

– Especialidade (de ser o caso):

– Centro de xestión:

– Centro de traballo:

– Xornada:

– Duración (cando sexa posible a súa determinación): do día … ata o día …

Acordarase o seu cesamento cando finalice o servizo ou programa ou venza o prazo que expresamente se determina neste nomeamento.

– Lugar e data:

A persoa directiva que asina o nomeamento

Asdo.:

Disposición que atribúe a competencia para expedir o presente nomeamento: …

– Faise constar que no día da data, a/o interesada/o efectuou a súa incorporación efectiva ao desempeño das funcións que corresponden ao seu nomeamento.

Lugar e data:

A persoa interesada, a persoa directiva ou cargo que dilixencia a incorporación

Asdo.:

– Faise constar que existe crédito suficiente para facer fronte a este nomeamento, e queda contraída a obriga no día da data.

Lugar e data:

A persoa titular da Dirección Xeral Recursos Humanos (ou equivalente)

Asdo.:

ANEXO IV

Nomeamento de persoal estatutario eventual por acumulación de tarefas
(Fóra do cadro de persoal)

De conformidade co disposto no artigo 9.1 e 3 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, e no artigo 6 da Orde da Consellería de Sanidade do …, pola que se regulan as modalidades dos nomeamentos de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia, acórdase o seu nomeamento como persoal estatutario eventual por acumulación de tarefas.

Este nomeamento, sexa cal sexa a súa duración, non supón dereito ningún a acceder a unha praza do cadro de persoal da institución ou a un vínculo de carácter fixo ou permanente.

O réxime xurídico será o que establece a Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, e a normativa de desenvolvemento e complementaria que resulte aplicable.

Establécese un período de proba de … Este período de proba será de traballo efectivo, e non será aplicable no caso de que a persoa nomeada xa o superase, de conformidade co que establece o artigo 10 da devandita orde da Consellería de Sanidade.

1. Datos da persoa interesada:

– Apelidos e nome:

– NIF/NIE: … C.N.P.: …

– Titulación:

– Especialidade (de ser o caso):

2. Causa, funcións e duración do nomeamento:

– Causa do nomeamento e descrición da prestación:

– Categoría:

– Especialidade (de ser o caso):

– Centro de xestión:

– Centro de traballo:

– Xornada:

– Duración: do día … ata o día …

– Lugar e data:

A persoa directiva que asina o nomeamento

Asdo.:

Disposición que atribúe a competencia para expedir o presente nomeamento: …

– Faise constar que no día da data, a/o interesada/o efectuou a súa incorporación efectiva ao desempeño das funcións que corresponden ao seu nomeamento.

Lugar e data:

A persoa interesada, a persoa directiva ou cargo que dilixencia a incorporación

Asdo.:

– Faise constar que existe crédito suficiente para facer fronte a este nomeamento, e queda contraída a obriga no día da data.

Lugar e data:

A persoa titular da Dirección Xeral de Recursos Humanos (ou equivalente)

Asdo.:

ANEXO V

Nomeamento de persoal estatutario eventual para a realización de gardas de persoal licenciado sanitario de centros hospitalarios
(Fóra do cadro de persoal)

De conformidade co disposto no artigo 9.1 e 3 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, e no artigo 7 da Orde da Consellería de Sanidade do …, pola que se regulan as modalidades dos nomeamentos de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia, acórdase o seu nomeamento como persoal estatutario eventual para a realización de gardas de persoal licenciado sanitario.

Este nomeamento, sexa cal sexa a súa duración, non supón dereito ningún a acceder a unha praza do cadro de persoal da institución ou a un vínculo de carácter fixo ou permanente.

O réxime xurídico será o que establece a Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, e a normativa de desenvolvemento e complementaria que resulte aplicable.

Establécese un período de proba de … Este período de proba será de traballo efectivo, e non será aplicable no caso de que a persoa nomeada xa o superase, de conformidade co que establece o artigo 10 da devandita orde da Consellería de Sanidade.

1. Datos da persoa interesada:

– Apelidos e nome:

– NIF/NIE: … C.N.P.: …

– Titulación e especialidade:

2. Causa, funcións e duración do nomeamento:

– Categoría e especialidade:

– Centro de xestión:

– Centro de traballo:

– Duración: do día ……ata o día….

– Descrición da prestación (gardas):

– Lugar e data:

A/o directiva/o que asina o nomeamento

Asdo.:

Disposición que atribúe a competencia para expedir o presente nomeamento: …

– Faise constar que no día da data, a/o interesada/o efectuou a súa incorporación efectiva ao desempeño das funcións que corresponden ao seu nomeamento.

Lugar e data:

A persoa interesada, a persoa directiva ou cargo que dilixencia a incorporación

Asdo.:

– Faise constar que existe crédito suficiente para facer fronte a este nomeamento, e queda contraída a obriga no día da data.

Lugar e data:

A persoa titular da Dirección Xeral de Recursos Humanos (ou equivalente)

Asdo.:

ANEXO VI

Nomeamento de persoal estatutario eventual para a cobertura dunha redución
de xornada

De conformidade co disposto no artigo 9.1 e 3 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, e no artigo 8 da Orde da Consellería de Sanidade do …, pola que se regulan as modalidades dos nomeamentos de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia, acórdase o seu nomeamento como persoal estatutario eventual para a cobertura dunha redución de xornada.

Este nomeamento, sexa cal sexa a súa duración, non supón dereito ningún a acceder a unha praza do cadro de persoal da institución ou a un vínculo de carácter fixo ou permanente.

O réxime xurídico será o que establece a Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, e a normativa de desenvolvemento e complementaria que resulte aplicable.

Establécese un período de proba de … Este período de proba será de traballo efectivo, e non será aplicable no caso de que a persoa nomeada xa o superase, de conformidade co que establece o artigo 10 da devandita orde da Consellería de Sanidade.

1. Datos da persoa interesada:

– Apelidos e nome:

– NIF/NIE: … C.N.P.:…...

– Titulación:

– Especialidade (de ser o caso):

2. funcións e causa do nomeamento:

– Categoría:

– Especialidade (de ser o caso):

– Centro de xestión:

– Centro de traballo:

– Apelidos e nome da persoa cuxa xornada se complementa: