Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31133

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade da encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas do estudo de alternativas e avaliación da viabilidade do aparcamento para servizo do Hospital Gran Montecelo.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade da seguinte encomenda coas seguintes características:

– Resolución do 3 de xuño de 2021, da Consellería de Sanidade, pola que se encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas o estudo de alternativas e avaliación da viabilidade do aparcamento para servizo do Hospital Gran Montecelo.

– Actividade: a presente encomenda de xestión ten por obxecto encomendar á Axencia Galega de Infraestruturas o estudo de alternativas e avaliación da viabilidade do aparcamento para servizo do hospital Gran Montecelo.

Para realizar esta encomenda de xestión, a Axencia Galega de Infraestruturas asume a posición de órgano encomendado e desenvolverá todas as actuacións materiais e técnicas propias da selección de persoa contratista, e execución do contrato.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: a encarga ten natureza de encomenda intersubxectiva a medio propio, segundo o disposto no artigo 13.1 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, e nos artigos 9 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Financiamento: a realización das actividades e/ou actos e negocios xurídicos necesarios para a execución desta encomenda de xestión por parte da Axencia Galega de Infraestruturas efectuarase a título gratuíto, sen que exista retribución ou tarifa.

– Prazo de vixencia: a eficacia da encomenda para a xestión das actuacións para o estudo de alternativas e avaliación da viabilidade do aparcamento para servizo do Hospital Gran Montecelo estenderase desde o día seguinte á súa sinatura ata a data de finalización do estudo.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2021

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade