Mediante a Orde do 7 de maio de 2021 (DOG núm. 92, do 19 de maio) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para adxudicar o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para a realización de programas de ocio educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2021 para colectivos xuvenís, nos termos establecidos na orde e coa distribución de prazas recollida no anexo I desta.
De conformidade co disposto no artigo 9.5 da orde de convocatoria, o órgano competente para resolver é a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social.
Así mesmo, o artigo 10 da citada orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 7 de xuño de 2021, ditada no procedemento BS304A, relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 7 de maio de 2021 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de ocio educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2021 para colectivos xuvenís (código de procedemento BS304A).
Segundo. Comunicar que a Resolución do 7 de xuño de 2021 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela pode interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia.
Non obstante, poderá interporse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2021
Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
ANEXO
Resolución do 7 de xuño de 2021, ditada no procedemento BS304A, relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 7 de maio de 2021 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de ocio educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2021 para colectivos xuvenís (código de procedemento BS304A)
Mediante a Orde do 7 de maio de 2021 (DOG núm. 92, do 19 de maio) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para adxudicar o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para a realización de programas de ocio educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2021 para colectivos xuvenís, nos termos establecidos na orde e coa distribución de prazas recollida no anexo I desta.
Unha vez comprobadas as solicitudes polo Instituto da Xuventude de Galicia, órgano instrutor do procedemento, a Comisión de Valoración prevista no artigo 9 da orde de convocatoria avaliou as solicitudes admitidas a trámite de acordo cos criterios de adxudicación que se recollen no artigo 8.
Á vista do expediente e do informe da Comisión de Valoración, o órgano instrutor formulou a proposta de resolución conforme o regulado no artigo 9.
Esta Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado é competente para resolver, por delegación da conselleira de Política Social, segundo o disposto no artigo 9.5 da orde de convocatoria.
Con base no exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Adxudicar o uso temporal de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para a realización de programas de ocio educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2021 para colectivos xuvenís ás entidades relacionadas no anexo I, nos termos que se expoñen na dita relación.
Segundo. Denegar o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para a realización de programas de ocio educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2021 para colectivos xuvenís ás entidades relacionadas no anexo II, por aplicación dos criterios de preferencia e prioridade recollidos no artigo 8 da orde de convocatoria.
Terceiro. Aceptar a desistencia da solicitude presentada pola Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil Acuxuve (expediente 2021/7) e declarar a terminación do procedemento para este expediente.
Cuarto. As entidades adxudicatarias deberán cumprir as obrigas previstas nos artigos 12, 14 e 15 da Orde do 7 de maio de 2021.
A documentación indicada nos citados artigos deberán presentala no Servizo de Xuventude e Voluntariado da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social correspondente á provincia en que estea a instalación adxudicada, conforme o sinalado nos artigos 12 e 14 da orde.
Se transcorridos os prazos que se indican nos citados artigos non se cumprisen as obrigas correspondentes, declararase expresamente a revogación da adxudicación, a través da oportuna resolución, que será ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Quinto. A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, que comezará a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Non obstante, poderá interporse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sexto. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no artigo 10 da Orde do 7 de maio de 2021 e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2021. A conselleira de Política Social, P.D. (Artigo 9 da Orde do 7.5.2021). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
ANEXO I
Entidades adxudicatarias
Expediente |
Entidade adxudicataria |
Localidade |
Instalación adxudicada |
Datas |
Prazas |
2021/12 |
Asociación Cultural Xeración |
Ferrol (A Coruña) |
A.X. Mariña Española |
01-07/09 |
32 |
2021/3 |
Asociación Cultural Os Tres Reinos |
A Mezquita (Ourense) |
A.X. Mariña Española |
01-10/09 |
20 |
2021/1 |
Asociación Cultural de Ocio e Tempo Libre Arrecó |
Ribeira (A Coruña) |
C.X. Espiñeira |
26-31/08 |
50 |
2021/8 |
Concello de Negreira |
Negreira (A Coruña) |
C.X. Espiñeira |
26/08-04/09 |
20 |
2021/4 |
Concello de Vedra |
Vedra (A Coruña) |
A.X. Area |
21-30/06 |
70 |
2021/9 |
Federación Galega de Bandas de Música Populares |
Santiago de Compostela (A Coruña) |
R.X LUG I |
26-30/07 |
30 |
2021/11 |
Asociación Cultural Muíños |
Boqueixón (A Coruña) |
A.X. As Sinas |
23-30/06 |
60 |
2021/5 |
Asociación Grupo Scout ILEX 695 |
Ourense |
C.X. Pontemaril |
23/08-04/09 |
70 |
ANEXO II
Entidades non adxudicatarias
Expediente |
Entidades non adxudicatarias |
Motivo |
2021/2 |
Concello de Touro |
Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde. |
2021/6 |
Concello da Baña |
Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde. |
2021/10 |
Concello de Boqueixón |
Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde. |
2021/12 |
Concello de Marín |
Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde. |
2021/14 |
Arenaria Escola de Tempo Libre |
Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde. |