Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31214

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 4 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada para a planta de produción de pensos de De Heus Nutrición Animal, S.A., no concello do Porriño, provincia de Pontevedra (expediente 2020-IPPC-M-29).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro de 2013) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

Solicitud de documentación dentro del procedimiento de revisión de la autorización ambiental integrada. De Heus Nutrición Animal, S.A. (Planta do Porriño-Pontevedra). Ref. informe: 3600/5015/318703/020. 16 de marzo de 2021.

Para que calquera interesado poida consultalos e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-M-29.

Peticionario: De Heus Nutrición Animal, S.A.

CIF: A15012180.

Enderezo social: praza de Mina, 1, 4º dta., 15004 A Coruña.

Localización da instalación: polígono industrial das Gándaras, parcela nº 20, 36400 O Porriño, Pontevedra.

Actividade: fábrica de produción de pensos.

Descrición: o proceso que se leva a cabo é o seguinte: recepción de materias primas, trasfego de silos de almacenamento de materias primas a celdas de dosificación, recepción de fariñas en almacén, moenda, dosificación e pesaxe de materias primas, mestura, melazadura, granulación, ensacamento e paletización ou distribución a granel, limpeza e envasamento de materias primas.

As augas residuais asimilables a domésticas verten, sen tratamento previo, á rede de saneamento en baixa do Consorcio de Augas do Louro. As augas pluviais verten, sen tratamento previo, á rede separada de pluviais do Consorcio de Augas do Louro. Non se xeran augas residuais industriais.

Inclúese na documentación presentada o grao de implantación das mellores técnicas dispoñibles, atendendo ao recollido na Decisión de execución (UE) 2019/2031 da Comisión do 12 de novembro de 2019 pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) respecto ás industrias de alimentación, bebida e leite, conforme a Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, sobre as emisións industriais.