Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 6 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización ambiental integrada para a ampliación da fábrica de produción de pensos de De Heus Nutrición Animal, S.A.U., no concello de Sada, provincia da Coruña (expediente 2021-IPPC-I-8).

Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais de Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Proxecto básico de solicitude de autorización ambiental integrada e estudo de impacto ambiental de fábrica de pensos De Heus Nutrición Animal, S.A.U. Decembro de 2020.

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2021-IPPC-I-8.

Peticionario: De Heus Nutrición Animal, S.A.U.

CIF: A15012180.

Enderezo social: praza de Mina, nº 1, 4º dta., 15004 A Coruña.

Localización da instalación: Espíritu Santo, 29-30, Soñeiro, 15168 Sada, A Coruña.

Actividade: fábrica de produción de pensos.

Descrición: o proxecto corresponde a unha ampliación dunha fábrica de produción de pensos. A instalación consta dun edificio industrial, onde se desenvolve a actividade, dúas piqueiras de recepción, unha nave, dous locais anexos e oficinas. Coa ampliación instalarase unha nova liña de moenda, unha nova liña de granulado, unha nova batería de dosificación microingredientes: minerais e aditivos, un novo compresor de aire e trasladarase a instalación de ensacado a unha nova localización. O proceso que se levará a cabo consiste en: recepción e almacenamento de materias primas, circuíto de enchedura e almacenamento de celas, dosificación de materias primas, moenda, mestura, enchedura e dosificación de correctores, granulado, ensacado ou carga a granel. Estímase unha capacidade máxima de produción de 216.000 t/ano.

As augas sanitarias e fecais vértense, sen tratamento previo, á rede de saneamento do concello. As augas pluviais vértense, sen tratamento previo, á rede de pluviais do concello. Non se xeran augas residuais industriais no proceso.

Inclúese na documentación presentada o grao de implantación das mellores técnicas dispoñibles, atendendo ao recollido na Decisión de execución (UE) nº 2019/2031 da Comisión, do 12 de novembro de 2019, pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) nas industrias de alimentación, bebida e leite, de conformidade coa Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, sobre as emisións industriais.