Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31158

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado por Orde do 7 de xaneiro de 2020, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 11 de xuño de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de setembro de 2020 (DOG núm. 195, do 25 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado por Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 3 de xullo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Se durante a realización do exercicio se constatase que algunha persoa aspirante fixese uso do material descrito, falase con outro opositor ou copiase, o tribunal procederá á súa inmediata expulsión do exame.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2021

Laura María González-Dopeso Portela
Presidenta do tribunal