Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31159

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica, convocado mediante a Resolución do 3 de maio de 2019.

A base novena da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 3 de maio de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 92, do 15 de maio), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica, dispón que o/a aspirante que, no prazo e conforme o procedemento que se estableza, non seleccionase todos os destinos que se oferten pola orde de prelación que considere, e non resultase adxudicatario/a de ningún polos que tivese optase, non poderá ser nomeado/a e quedarán sen efecto todas as súas actuacións.

Neste suposto, a autoridade convocante procederá ao chamamento de novos/as aspirantes, no número que se corresponda coas prazas ofertadas e non elixidas, coa finalidade de que manifesten a súa opción por estas, logo de acreditaren o cumprimento dos requisitos exixidos. Esta opción realizarase pola orde de prelación que resulte da lista definitiva.

Mediante a Resolución do 10 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 93, do 20 de maio) aprobouse a relación de prazas para ofertar e convocáronse, para o acto de elección de destino, os/as aspirantes seleccionados/as no dito proceso selectivo, recoñecéndolles no seu punto cuarto a aqueles/as que participasen e obtivesen praza ademais, no concurso específico convocado mediante a Resolución do 4 de xuño de 2020, o dereito de opción por un dos destinos obtidos, que manifestaran no acto de elección.

A base décima da resolución de convocatoria do proceso establece que, unha vez adxudicados os destinos, se publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola cal se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino daqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Ao abeiro das ditas resolucións, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. En cumprimento da base 9.8 da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 3 de maio de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 92, do 15 de maio), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica, e os puntos cuarto e terceiro das resolucións deste centro directivo do 10 de maio e do 28 de maio de 2021, respectivamente, excluír do proceso selectivo para o acceso a esta categoría ás aspirantes Mª do Carme Agra Tuñas, con DNI ***7771**, Carmen Mª Vilaseco Illodo, con DNI ***0665**, Mª Teresa Rei Serra, con DNI ***9782**, Mª del Carmen Fernández Tuñas, con DNI ***9157**, e Rita Jácome Feijoo, con DNI ***0573**, polo que quedan anuladas as súas actuacións e decaen en todos os dereitos derivados da súa participación neste proceso.

Segundo. Declarar, no seu lugar, como aspirantes seleccionadas logo da acreditación do cumprimento dos requisitos exixidos a Mª José Pena Vilar, con DNI ***3243**, Mónica Mouteira Vázquez, con DNI ****9275**, Olalla Sayáns Queiruga, con DNI ***8084**, Andrea Cacheda Abeledo, con DNI ***9178**, e Verónica Pombo Basdedios, con DNI ***3221**.

Terceiro. Declarar finalizado o concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica, convocado mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 3 de maio de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 92, do 15 de maio).

Cuarto. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica os/as aspirantes seleccionados/as que se inclúen no anexo desta resolución.

Quinto. Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo.

Sexto Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.

De conformidade coa base décima da resolución de convocatoria do proceso, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. No entanto, en casos de forza maior, e por instancia do/da interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

Sétimo. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente validada.

Oitavo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***9178**

CACHEDA ABELEDO, ANDREA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

O Carballiño

Carballiño, O

Mañá

***7429**

CANAS RONDON, MARCOS

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Illas Canarias

Lugo

Mañá

***6683**

CARBALLO CADAHIA, CRISTINA

A.S. da Coruña e Cee

O Castrillón

Coruña, A

Mañá

***9485**

CEJUELA MATEOS, MARIA NIEVES

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Touro-O Pino

Touro, Pino, O

Mañá

***4320**

GARCIA JACOME, FE

A.S. de Vigo

Rúa Cuba

Vigo

Desprazable

***1983**

LOPEZ COVELA, MARIA FE

A.S. de Vigo

Teis

Vigo

Mañá

***1936**

MAYO GONZALEZ, MARTA

A.S. de Ferrol

Fontenla Maristany-Manuel Comellas

Ferrol

Mañá

***9275**

MOUTEIRA VAZQUEZ, MONICA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A Cuña

Ourense

Mañá

***6315**

OTERO VIDAL, ARANZAZU

A.S. de Vigo

Tui

Tui

Mañá

***0054**

PAZOS SEOANE, LAURA

A.S. de Ferrol

Fontenla Maristany-Caranza

Ferrol

Tarde

***3243**

PENA VILAR, MARIA JOSE

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

As Fontiñas

Santiago de Compostela

Mañá

***3221**

POMBO BASDEDIOS, VERONICA

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Virxe Peregrina

Pontevedra

Tarde

***7975**

RIO BARRERA, ADELA

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

A Milagrosa

Lugo

Mañá

***5254**

SANCHEZ SUAREZ, YOLANDA

A.S. de Ferrol

Pontedeume-Cabanas-Monfero

Pontedeume, Cabanas, Monfero

Mañá

***9746**

SANMARTIN CHAPELA, CRISTINA

A.S. de Pontevedra e O Salnés

A Parda

Pontevedra

Desprazable

***8739**

SANTOS MIRANDA, EVA

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Vedra-Boqueixón

Vedra, Boqueixón

Mañá

***8084**

SAYANS QUEIRUGA, OLALLA

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa

Mañá

***5141**

SOLLA MARTINEZ, MARTA

A.S. de Vigo

Casco Vello

Vigo

Desprazable