Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31428

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos por este organismo autónomo no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no primeiro cuadrimestre do ano 2021 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2021

Francisco Barea Paz
Director do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega económica do IET

Data da

sinatura

Convenio entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (OA) e o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a produción e o mantemento da información xeométrica e semántica asociada aos elementos hidrográficos

Produción e mantemento de información xeométrica e semántica asociada aos elementos hidrográficos mediante servizos normalizados, conforme a Directiva 2007/2/CE Inspire, incorporada ao ordenamento xurídico español mediante a Lei 14/2010, do 5 de xullo, sobre as infraestruturas e os servizos de información xeográfica de España

Sen achega económica

3.3.2021

Convenio entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Instituto de Estudos do Territorio para o desenvolvemento do Sistema de Información Urbana

Fortalecer a colaboración institucional para o intercambio de información relacionada co planeamento urbanístico, tendo en conta as recomendacións xeradas no seo do GTSIU e a incorporación ao sistema da devandita información

Sen achega económica

18.3.2021

Convenio entre a Administración xeral do Estado, a través da Presidencia do Consello Superior Xeográfico e a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que a Comunidade Autónoma de Galicia se integra no Sistema Cartográfico Nacional

A integración efectiva da Comunidade Autónoma de Galicia no Sistema Cartográfico Nacional e establecer o conxunto de actuacións de colaboracións co Instituto Xeográfico Nacional, do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, para a produción, a actualización e o intercambio de información xeográfica no ámbito da Comunidade Autónoma

Sen achega económica

22.3.2021

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Federación Galega de Municipios e Provincias, e os concellos de Arteixo, A Coruña, Narón e Poio para a obtención de imaxes aéreas de alta resolución xeorreferenciadas

Regular o réxime de colaboración entre as partes subscritoras para os efectos de acadar a realización de imaxes aéreas de alta resolución xeorreferenciadas ao abeiro das actuacións previstas no desenvolvemento do Plan nacional de ortofotografía aérea (PNOA 10) para Galicia

50.000 €

26.4.2021