Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31426

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 10 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos de Galicia, para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xullo, agosto e setembro, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento TU900A).

BDNS (Identif.): 570529.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os requisitos establecidos nestas bases, os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que conten coa declaración de municipios turísticos galegos.

Así mesmo, poderán ser beneficiarios destas subvencións os 18 xeodestinos e subxeodestinos descritos no Mapa oficial de xeodestinos de Galicia, publicado pola Axencia Turismo de Galicia.

Segundo. Obxecto e réxime

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a contratación de persoal nas oficinas de turismo dos concellos declarados municipios turísticos galegos e dos xeodestinos durante os meses de xullo, agosto e setembro.

O dito persoal poderá contratarse no período comprendido entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, ambas as dúas datas incluídas.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 10 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos de Galicia, para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xullo, agosto e setembro, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento TU900A).

Cuarto. Importe

As subvencións obxecto desta resolución imputaranse á aplicación orzamentaria 05.A2.761A.460.0, proxecto 2015 00006, cun crédito de 225.000 €, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, de conformidade co disposto no artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Sexto. Prazo de xustificación de la subvención

O prazo para a xustificación da subvención será ata o 31 de outubro de 2021.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2021

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia