De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:
1. Resolución do 28 de abril de 2021, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar a realización da asistencia técnica de apoio para a posta en marcha do novo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (Fempa) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Actividade: descrición dos traballos que comprenderán a asistencia técnica de apoio na elaboración das propostas vencelladas ao plan operativo Fempa e as actuacións de seguimento da Consellería do Mar no relativo ao devandito plan.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 28 de abril de 2021 ata o 31 de maio de 2022.
– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, código do proxecto 2016 00287, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca nun 75 %.
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2021
Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar