Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 15 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se somete a información pública un proxecto para a instalación dun establecemento de acuicultura en zona terrestre no dominio público do porto de Burela.

En cumprimento do artigo 10 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG núm. 110, do 9 de xuño), sométese a información pública o proxecto para a instalación do establecemento que se describe:

Solicitante: Seafood Legacy Spain, S.L.U. (B70584768).

Tipo: granxa mariña.

Proxecto: planta tecnolóxica de salmón no porto de Burela.

Localización: dominio público do porto de Burela (Lugo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta dirección xeral, situada na praza de Europa 5A-4º (polígono das Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela, no prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2021

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica