Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2021 pola que se fai pública a declaración da aldea modelo de Moreda (Folgoso do Courel-Lugo), a aprobación definitiva da súa guía de ordenación produtiva, a integración cautelar na aldea modelo e a incorporación preventiva ao Banco de Terras de Galicia de determinadas parcelas.

En cumprimento do disposto no artigo 47.ter.8 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, na súa introdución e redacción dada polo punto dous do artigo 18 da Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e en cumprimento do disposto no artigo 47.quater.3 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, na súa introdución dadad polo número dous do artigo 14 da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, faise pública a declaración da aldea modelo de Moreda (Folgoso do Courel-Lugo), polo Acordo do 20 de febreiro de 2020, do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), CVE 9rFFGiLNs7 verificable en https://sede.xunta.gal/cve, a aprobación definitiva da súa guía de ordenación produtiva, a integración cautelar na aldea modelo e a incorporación preventiva ao Banco de Terras de Galicia de determinadas parcelas, pola Resolución do 3 de xuño de 2021, do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), CVE rJi7m8k3F7 verificable en https://sede.xunta.gal/cve.

Contra os citados acordo e resolución, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 6 e seguintes e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; en ambos os dous casos o prazo contarase desde o día seguinte ao da notificación da resolución ou acto administrativo. Non obstante, poderase interpoñer calquera outro recurso que se considere procedente.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2021

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural