Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31475

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Saviñao (expediente IN407A 2021/38 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: LMT, CT e RBT rúa Valle Inclán, nº 6 (O Saviñao).

Situación: concello do Saviñao.

Declaración responsable: si.

Características técnicas principais:

• Centro de transformación en edificio prefabricado compacto de manobra exterior con envolvente de formigón, cunha potencia de 400 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña (unha de reserva) e unha de protección, telecontrolado, relación de transformación de 20.000/400-230 V (o presente CT substitúe o CT existente Pe de Poste (27CN59) Campo de Fútbol, o cal será desmontado).

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV, con orixe no paso de aéreo a soterrado que se vai executar no apoio nº 128-B-7-5 existente correspondente á liña CHA811 O Saviñao e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 20 metros en condutor RHZ1-240 mm.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 96.032,39 €.

Documentación complementaria:

• Separata para o concello do Saviñao.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira: as instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra debe ser realizada por un técnico competente.

Segunda: a peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguranza.

Terceira: en todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

En relación coa instalación de baixa tensión, deberase seguir o disposto no artigo 18 do Real decreto 842/2002 para a súa posta en servizo, así como na súa instrución ITC-BT-04, achegando, no seu momento, a documentación exixida con carácter previo á posta en servizo da instalación, para que sexa revisada por esta Administración e posterior inscrición da instalación no correspondente rexistro.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 28 de maio de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo