Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Chandrexa de Queixa (expediente IN407A 2021/33-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado nº 1534 do ICOIIG, o día 30 de decembro de 2020, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na citada data.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Domicilio: A Batundeira nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: ampliación potencia CTI lugar Celeiros.

Situación: concello de Chandrexa de Queixa (Ourense).

Orzamento: 11.132,53 €.

Características técnicas: aumento de potencia do CT Celeiros existente sobre apoio de formigón, de tipo intemperie e con illante en aceite mineral (32AZ76), de 100 kVA de potencia aparente actual, que pasa a ser de 160 kVA con R/T 20.000/400 V, alimentado desde a LMT TRI804 (expediente IN407A 2000/16-3).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, de 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 1 de xuño de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense