Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31331

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se adxudican as subvencións para os proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21, ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 9, do 15 de xaneiro de 2021).

A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Ourense, logo de ver a proposta de resolución da Xefatura do Gabinete de Normalización Lingüística, que fiscalizou a Intervención Territorial Delegada, e ao ter delegadas as competencias, consonte o artigo 14 da convocatoria,

RESOLVE:

– Adxudicarlles as cantidades propostas que se recollen no anexo I.

Contra esta resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os centros interesados poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano que a ditou (é dicir, a xefatura territorial correspondente), que resolverá por delegación de acordo co disposto na disposición adicional do Decreto 198/2020, do 20 de novembro, ou ben poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Ourense, 3 de xuño de 2021

A xefa territorial de Ourense
P.A. (Decreto 198/2020, do 20 de novembro)
Sandra Quintas Vázquez
Xefa do Servizo de Coordinación Cultural de Ourense

ANEXO

Nº de

expediente

Localidade

Nome do centro

NIF

Valor do punto €

Puntuación total

Contía

OUPR001

Verín

CPR María Inmaculada

R3200034A

16,67

15,00

250,00

OUPR002

Ourense

Fundación Ed. Franciscanas Ana Mogas Divina Pastora

R2802442J

16,67

22,00

367,00

OUPR003

Celanova

CPR Sagrado Corazón

F32022824

16,67

9,70

162,00

OUPR004

Ourense

CPR San Pío X

F32152340

16,67

20,00

333,00

OUPR005

Ourense

Fundación Vedruna Educación

G87804688

16,67

22,00

367,00

OUPR006

Ourense

Colexio Pluri. San José

R3200030I

16,67

17,90

298,00

OUPR007

Ourense

Colexio Pluri. Divino Maestro

R3200054I

16,67

16,90

282,00

OUPR008

Ourense

CPR La Purísima

R3200020J

16,67

17,80

297,00

OUPR009

Rúa, A

CPR Pablo VI

R3200086A

16,67

10,70

178,00

OUPR010

Ourense

CPR Pluri. María Auxiliadora (*)

R3200038B

16,67

29,00

783,00

OUPR011

Barco de V., O

Fundación Ed. Franciscanas Ana Mogas Divina Pastora

R2802442J

16,67

15,70

262,00

OUPR012

Ourense

CPR Concepción Arenal

F32398869

16,67

20,90

348,00

* O centro CPR María Auxiliadora (Salesianos) obtivo 300 € adicionais por obter na epígrafe da calidade unha puntuación igual ou superior aos 22 puntos consonte o disposto na base 12.2 da convocatoria