Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31511

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

ANUNCIO da convocatoria de varias prazas.

Anúnciase a convocatoria de varias prazas:

• Unha (1) praza de técnico económico-financeiro (GII BII N8), contratación fixa (concurso de méritos).

• Unha (1) praza de administrativo (GIII BII N2), contratación fixa (concurso oposición).

• Unha (1) praza de xefe de Departamento de Infraestruturas con cargo á interinidade de xefe de Departamento de Servizos Técnicos e Planificación, contratación temporal interinidade (concurso de méritos)

As bases destas convocatorias, así como as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo, estarán á disposición dos interesados en:

– Páxina web da Autoridade Portuaria, https://www.apfsc.com.

– Taboleiro de anuncios da sede electrónica da Autoridade Portuaria https://sede.apfsc.gob.es.

– Páxina web do ente público Portos do Estado.

– Páxina web www.administración.gob.es (060)

Ferrol, 26 de maio de 2021

Indalecio Joaquín Seijo Jordán
Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao