Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31509

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da convocatoria, mediante concurso específico, para a provisión de diversos postos de traballo nas áreas de Infraestruturas e Medio Ambiente.

No BOP de Ourense núm. 121, do 31 de maio de 2021, publicáronse íntegras as bases da convocatoria, mediante concurso específico, para a provisión de diversos postos de traballo das áreas de Infraestruturas e Medio Ambiente na RPT da Deputación Provincial de Ourense (corrección de erros no BOP de Ourense núm. 127, do 7 de xuño de 2021).

Os postos que se convocan son os seguintes:

– Un (1) posto de xefe/a da Sección de Estudos e Proxectos (Área de Infraestruturas-Servizo de Vías e Obras).

– Un (1) posto de xefe/a de zona (Área de Infraestruturas-Servizo de Vías e Obras-Sección de Conservación e Explotación).

– Un (1) posto de xefe/a do Servizo de Augas e Medio Ambiente (Área de Medio Ambiente)

– Un (1) posto de xefe/a do Negociado de Administración (Área de Medio Ambiente).

– Un (1) posto de supervisor/a forestal (Área de Medio Ambiente-Servizo de Medio Rural-Sección de Zonas Verdes.

O prazo de presentación das solicitudes será de quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio da convocatoria, no modelo normalizado que figura como anexo nas bases da convocatoria e que estará dispoñible na páxina web www.depourense.es, na sección Ofertas de emprego. As modalidades de presentación serán as seguintes:

a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na Oficina de Asistencia ao Cidadán en materia de rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992 (norma que se considera vixente de acordo co establecido na disposición derrogatoria única en relación coa disposición derradeira sétima da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Neste último caso, rógase que se envíe copia da instancia ao correo electrónico persoal@depourense.es

b) De forma telemática, a través do Rexistro Electrónico Xeral da sede elelectrónica da Deputación Provincial, no enderezo https://sede.depourense.es

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente na sede electrónica da Deputación Provincial, na páxina web www.depourense.es e no BOP de Ourense, cando proceda, de conformidade coas bases do procedemento.

Ourense, 14 de xuño de 2021

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense