Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31507

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico de Ribadeo (PEPRICH).

En cumprimento do disposto no artigo 82 da vixente Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público que o Pleno do Concello na sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de maio de 2021 adoptou, entre outros o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico de Ribadeo (PEPRICH) documento de aprobación definitiva de decembro de 2020 que consta no expediente administrativo tramitado, segundo os informes emitidos e que tamén constan no procedemento.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción do acordo de aprobación definitiva.

Igualmente, xunto á publicación deste acordo publicarase a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan e a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro do plan á disposición do público.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Plans Urbanísticos de Galicia, achegando un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.

Cuarto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do plan especial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles notificou a aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

As medidas adoptadas para controlar os efectos sobre a contorna da aplicación do plan e o contido íntegro do dito plan queda á disposición do público na sede electrónica do Concello de Ribadeo (http://ribadeo.gal/).

Ribadeo, 10 de xuño de 2021

Fernando Suárez Barcia
Alcalde