Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31506

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de convocatoria de dúas prazas de administrativo/a, grupo C1, por promoción interna (OPE 2017).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 76, do 23 de abril de 2021, publicáronse integramente as bases, aprobadas mediante a Resolución da Alcaldía 2021-0680, do 22 de marzo de 2021, que rexerán a convocatoria para prover en propiedade dúas (2) prazas vacantes da escala de Administración xeral, subescala de administrativo, mediante promoción interna, incluídas na oferta de emprego público do ano 2017, que foron publicadas no DOG nº 244, do 27 de decembro de 2017.

Denominación

Grupo

Subgrupo

Escala

Subescala

Administrativo/a

2

C

C1

Administración xeral

Administrativa

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Ponteareas, 27 de abril de 2021

P.S. (Decreto nº 2020-3135, do 9 de decembro)
Mª Cristina Fernández Davila
Alcaldesa