Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31394

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 11 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con motivo do Xacobeo 21-22 Cultura no Camiño, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT302B).

BDNS (Identif.): 570820.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas todos os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, que realicen unha programación cultural, que conteña polo menos menos tres actuacións, que contribúa á promoción de espectáculos de artes escénicas e musicais producidos por empresas con sede, domicilio social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras das subvencións destinadas a cofinanciar programacións culturais realizadas por entidades locais co motivo do Xacobeo 21-22, para contribuír á promoción das artes escénicas e musicais, e proceder á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT302B).

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 11 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con motivo do Xacobeo 21-22: Cultura no Camiño, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT302B).

Cuarto. Importe

O financiamento destas axudas nesta convocatoria realizarase en todo caso en función das dispoñibilidades orzamentarias, destinándose un crédito global de 1.000.000 euros da aplicación orzamentaria 10.A1.432B.760.0 do código de proxecto 2020-00001.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2021

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais