Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2021 Páx. 31675

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 18 de xuño de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo AP.

En sesión que tivo lugar o día 18 de xuño de 2021, o tribunal nomeado por Resolución do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo AP, convocado pola Orde do 5 de marzo de 2019,

ACORDOU:

Que o primeiro exercicio terá lugar o día 4 de xullo de 2021, en horario de dúas quendas. A distribución por quendas das persoas aspirantes está establecida por orde alfabética e queda do seguinte xeito:

Quenda de mañá:

De: Gabeiras Balsa, Nuria María.

A: Rubido Freire, Rosa María.

Quenda de tarde:

De: Rubido Fustes, Julen.

A: Fustes Luances, María Luz.

Os horarios dos chamamentos serán ás 8.45, 9.00 e 9.15 horas para a quenda de mañá, e ás 16.15, 16.30 e 16.45 horas para a quenda de tarde, segundo a listaxe que publicará a Dirección Xeral de Función Pública na web corporativa.

As sedes en que se realizará o exercicio e a distribución das persoas aspirantes serán en relación co domicilio fixado na solicitude de participación no proceso selectivo, do seguinte xeito:

1º. Recinto Feiral de Amio en Santiago de Compostela:

Persoas aspirantes con domicilio na súa solicitude na provincia da Coruña.

– Na quenda de mañá: de Gabeiras Balsa, Nuria María a López Fernández, Laura.

– Na quenda de tarde: de Rubido Fustes, Julen a Vigo Liñares, Consuelo.

2º. Feira Internacional de Galicia en Silleda:

Persoas aspirantes con domicilio na súa solicitude nas provincias de Ourense e Pontevedra.

– Na quenda de mañá: de Gabeiras Balsa, Nuria María a Rubido Freire, Rosa María.

– Na quenda de tarde: de Rubido Fustes, Julen a Fustes Luances, María Luz.

Persoas aspirantes con domicilio na súa solicitude na provincia da Coruña.

– Na quenda de mañá: de López Fernández, María Luisa a Rodríguez Gutiérrez, María del Carmen.

– Na quenda de tarde: de Vigouroux, Maryse a Fernández Santos, Ana.

3º. Pazo de Feiras e Congresos de Lugo:

Persoas aspirantes con domicilio na súa solicitude na provincia de Lugo e noutras comunidades autónomas.

– Na quenda de mañá: de Gabeiras Balsa, Nuria María a Rubido Freire, Rosa María.

– Na quenda de tarde: de Rubido Fustes, Julen a Fustes Luances, María Luz.

Persoas aspirantes con domicilio na súa solicitude na provincia da Coruña.

– Na quenda de mañá: de Rodríguez Herrero, Rocío Edelmira a Rubido Freire, Rosa María.

– Na quenda de tarde: de Fernández Sesar, Susana a Fustes Luaces, María Luz.

Non se permitirá cambio ningún de sede. As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

As persoas aspirantes deberán cumprir en todo momento as normas COVID para procesos selectivos publicadas na páxina web da Dirección Xeral de Función Pública.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2021

Javier Suárez Salvado
Presidente do tribunal