Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2021 Páx. 31673

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 18 de xuño de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

En sesión que tivo lugar o día 18 de xuño de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 5 de marzo de 2019,

ACORDOU:

Que o primeiro exercicio terá lugar o día 4 de xullo de 2021, en horarios de dúas quendas. A distribución por quendas das persoas aspirantes está establecida por orde alfabética e queda do seguinte xeito:

Quenda de mañá:

De: Gago Torres, María del Carmen.

A: Rubal Pérez, Jennifer.

Quenda de tarde:

De: Rubio Garachana, Mariana.

A: Fuentefría Rodríguez, María Carmen.

Os horarios dos chamamentos serán ás 8.45, 9.00 e 9.15 horas para a quenda de mañá, e ás 16.15, 16,30 e 16,45 horas para a quenda de tarde, segundo a listaxe que publicará a Dirección Xeral de Función Pública na web corporativa.

A sede en que se realizará o exercicio será para todas as persoas aspirantes a Feira Internacional de Galicia en Silleda.

As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

As persoas aspirantes deberán cumprir en todo momento as normas COVID para os procesos selectivos publicadas na páxina web da Dirección Xeral de Función Pública.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2021

Javier Suárez Salvado
Presidente do tribunal