De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada o acordo de inicio do procedemento de reintegro do importe das axudas de que foi beneficiaria, por teren resultado infrutuosos os diferentes intentos realizados por correo certificado, ademais da súa posta á disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para coñecer o contido íntegro do acordo que se sinala no anexo a este anuncio, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) sito na Rúa Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Este anuncio publícase para que conste e sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2021
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria
ANEXO
Expediente |
NIF |
Acto notificado |
0804/27/2019/070018/01 |
33314841P |
Acordo de inicio de procedemento de reintegro |