Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 24 de xuño de 2021 Páx. 31955

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO da convocatoria de concurso para a provisión de varios postos de traballo vacantes neste concello.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 146, do 2 de agosto de 2018, publicáronse integramente as bases aprobadas mediante a Resolución do concelleiro delegado da Área de Recursos Humanos, Servizos Sociais e Educación número 1531/2018, do 27 de xullo, reguladoras da convocatoria de concurso para a provisión dos postos de traballo vacantes que a continuación se relacionan:

– Un posto de auxiliar administrativo da Área de Cultura: escala Administración xeral, subescala auxiliar, grupo de clasificación profesional C, subgrupo C2.

– Dous postos de operario de servizos: escala Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, grupo de clasificación profesional: outras agrupacións profesionais.

O prazo de presentación de solicitudes para tomar parte neste concurso é de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Cambre, 28 de maio de 2021

O alcalde
P.D. (Resolución nº 1323/2019, do 1 de xullo)
María Dolores Pan Lesta
Concelleira delegada da Área de Economía, Facenda e Recursos Humanos