Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 24 de xuño de 2021 Páx. 31956

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de convocatoria dun posto de auxiliar de Administración xeral interino.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 122, do 1 de xuño de 2021, publícanse integramente as bases reguladoras do acceso a un posto de auxiliar de Administración xeral con carácter de funcionario interino (artigo 10.1.a) do Estatuto básico do empregado público.

De conformidade co previsto na base sétima das referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo.

Ribadeo, 1 de xuño de 2021

Fernando Suárez Barcia
Alcalde