Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 32221

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de xuño de 2021 polo que se nomea vogal do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 2 de xuño de 2021, adoptou, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública, o seguinte acordo:

«En virtude do establecido no artigo 35 ter.7 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública, noméase vogal do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia a Jesús María García Blanco (no código do posto FC.C07.00.000.15770.010)».

Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do disposto na base quinta da Orde do 12 de abril de 2021 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2021

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio