Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 32222

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de ciencias, na especialidade de bioloxía, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar o 14 de abril e o 9 de xuño de 2021, o tribunal nomeado mediante a Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de ciencias, na especialidade de bioloxía,

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, anular as preguntas número 81, 85, 90 e 94 do primeiro exercicio da quenda libre deste proceso selectivo realizado o 21 de marzo de 2021. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas número 184, 185, 186 e 187. Acórdase anular as preguntas número 95, 138 e 143 dese mesmo exercicio e non substituír estas por ningunha outra. Así mesmo, acórdase modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta número 120, en que a correcta é a alternativa d). Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións realizadas ao dito exercicio.

Segundo. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, anular as preguntas número 31, 35, 40 e 44 do primeiro exercicio da quenda de promoción interna deste proceso selectivo realizado o 21 de marzo de 2021. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas número 131, 132, 133 e 134. Acórdase anular as preguntas número 45, 88 e 93 dese mesmo exercicio, e non substituír estas por ningunha outra. Así mesmo, acórdase modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta número 70, en que a correcta é a alternativa d). Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións realizadas ao dito exercicio.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtivesen unha puntuación mínima de trinta puntos (30 puntos). Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, mediante a Resolución deste tribunal, do 11 de marzo de 2021, pola que se dá publicidade aos parámetros para a cualificación do primeiro exercicio, estableceuse que superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes presentadas que acaden as mellores puntuacións ata completar o número máximo de sesenta e dous (62), sempre e cando respondesen, como mínimo, correctamente dez (10) preguntas da parte xeral e vinte e seis (26) da parte específica, unha vez feitos os descontos correspondentes. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa aprobada que marque o corte se considerarán igualmente aprobadas, aínda que se supere o número de aspirantes antes indicado (62).

Asignaráselles a valoración de 30 puntos ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 30 e os 60 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Feita a corrección en sesión do 19 de maio de 2021, acadaron a puntuación mínima de 30 puntos un total de 62 aspirantes no conxunto de todas as quendas.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de ciencias, na especialidade de bioloxía, subgrupo A1, e as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria pero non superaron o exercicio e aos cales se lles asignou unha puntuación de 0 a 30 puntos (sen acadar, en ningún caso, a cualificación de 30 puntos) no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Así mesmo, publicar a relación das persoas aspirantes presentadas que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Sétimo. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2021

José Emilio Oti Cabanelas
Presidente do tribunal