Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 32225

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2021 pola que se convocan, para a elección de destino provisional, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 106, do 5 de xuño) e para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 106, do 5 de xuño).

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8.1.2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24.1.2020.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Orde do 22.5.2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), con corrección de erros no DOG núm. 117, do 20.6.2018, e para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Orde do 22.5.2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) e unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nestas por parte das persoas aspirantes co obxecto de adxudicarlles destinos provisionais, e segundo a base IV.6 das convocatorias, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñesen desempeñando con carácter definitivo sempre que figure na relación de postos de traballo aberto ao corpo da Administración xeral a que acceden.

Segundo. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos e que, segundo a base IV.6 das convocatorias, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases das convocatorias, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Terceiro. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Cuarto. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a chave de acceso á aplicación de cada un dos procesos selectivos.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e chave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos».

Quinto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo cuarto. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.

2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo cuarto, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público, o que deberán manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto no parágrafo cuarto, coa cal deberán achegar a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada.

Sexto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino ou non presentase a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicados en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sétimo. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes se dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano. Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4.5.2017, que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal; ou ben presentarán a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Oitavo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo a que se accede e da orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no seu proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

As persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario de carreira e adxudicatarias provisionais ou definitivas, segundo o caso, dos postos de traballo relacionados nesta resolución disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

As persoas aspirantes que obteñan un destino provisional deberán optar as prazas que se oferten na elección de destino definitivo.

Noveno. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal.

Décimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Nº orde elección destino

DNI

Apelidos e nome

Acceso

1

***9501**

Rodríguez Vázquez, Pablo

Enxeñaría Montes-PI

2

***7922**

Carral Sánchez, Rocío

Enxeñaría Montes-PI

3

***3266**

Val Mouriño, Diego

Enxeñaría Montes-Libre

4

***7070**

Casal Pereira, Bran

Enxeñaría Montes-Libre

5

***4756**

Martínez Paz, Sandra

Enxeñaría Montes-Libre

6

***8891**

Barredo Silva, Hugo

Enxeñaría Montes-Libre

7

***3266**

Val Mouriño, Diego

Enx. técnico. forestal-PI

8

***7318**

Sotelino Álvarez, Víctor Manuel

Enx. técnico forestal-PI

9

***8150**

Álvarez Rodríguez, José Manuel

Enx. técnico forestal-PI

10

***9238**

González López, José

Enx. técnico forestal-PI

11

***9558**

Fernández Coroas, Pablo

Enx. técnico forestal-Libre

12

***0445**

Martínez Álvarez, Víctor Manuel

Enx. técnico forestal-Libre

13

***2224**

González Fernández, Manuel

Enx. técnico forestal-Libre

14

***7070**

Casal Pereira, Bran

Enx. técnico forestal-Libre

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Nome

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Niv.

Titulación

Formación

Observacións

1

MAC040000215770009

Xefatura Área Técnica de Caza

MA

S. X. de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Santiago de Compostela

A1, A2

26

2

MAC040000336560006

Técnico/a superior

MA

Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Vigo

A1

24

3

MAC991000227001009

Xefatura Sección Caza e Pesca Fluvial

MA

Servizo Provincial de Patrimonio Natural (Lugo)

Servizos periféricos

Lugo

A1, A2

25

4

MAC991000232001009

Xefatura Sección Caza e Pesca Fluvial

MA

Servizo Provincial de Patrimonio Natural (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

A1

25

5

MAC991000236001006

Xefatura área técnica

MA

Servizo Provincial de Patrimonio Natural (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

A1

26

6

MRC030000015770042

Xefatura sección II

MR

D. X. de Defensa do Monte

Dirección Xeral de Defensa do Monte

Santiago de Compostela

A1, A2

25

7

MRC030000115770014

Xefatura sección

MR

S. X. de Prevención

Dirección Xeral de Defensa do Monte

Santiago de Compostela

A1, A2

25

8

MRC030000215770025

Xefatura Sección de Programación

MR

S. X. de Extinción

Dirección Xeral de Defensa do Monte

Santiago de Compostela

A1, A2

25

9

MRC030000215770037

Xefatura Unidade Técnica Estudos e Formación

MR

S. X. de Extinción

Dirección Xeral de Defensa do Monte

Santiago de Compostela

A1, A2

25

10

MRC040000115770088

Xefatura Sección do Sistema Rexistral Forestal

MR

S. X. de Recursos Forestais

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Santiago de Compostela

A1, A2

25

11

MRC991070132001004

Xefatura área técnica I

MR

Servizo de Montes (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

A1, A2

26

12

MRC991070132001006

Xefatura área técnica II

MR

Servizo de Montes (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

A1, A2

26

13

MRC991070132001007

Xefatura unidade técnica I

MR

Servizo de Montes (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

A1, A2

25

14

MRC991070132001013

Xefatura unidade técnica III

MR

Servizo de Montes (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

A1, A2

25

15

MRC991070132001035

Xefatura unidade técnica IV

MR

Servizo de Montes (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

A1, A2

25

16

MRC991080127001004

Posto base subgrupo A1

MR

Servizo de Prevención de Incendios Forestais (Lugo)

Servizos periféricos

Lugo

A1

20

17

MRC991080136001002

Xefatura Área Defensa contra Incendios

MR

Servizo de Prevención de Incendios Forestais (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

A1, A2

26

18

MRC995014032840002

Técnico/a distrito I

MR

Distrito forestal XIV-Verín-Viana

Servizos periféricos

Verín

A1, A2

25

19

MRC995016036240003

Técnico/a distrito II

MR

Distrito forestal XVI-Deza-Tabeirós

Servizos periféricos

Lalín

A1, A2

25

20

MRC995010227280001

Técnico/a distrito III

MR

Comarca forestal: Meira

Servizos Periféricos

Meira

A1, A2

25

21

MRC995011032190003

Técnico/a distrito II

MR

Distrito forestal XI-O Ribeiro-Arenteiro

Servizos Periféricos

O Carballiño

A1, A2

25