Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 32232

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2021 pola que se convocan, para a elección de destino provisional, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG número 47, do 7 de marzo) e para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG número 47, do 7 de marzo).

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito se poida exercer, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

Unha vez finalizados os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificado pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo) e para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo) e unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nestas por parte das persoas aspirantes co obxecto de adxudicarlles destinos definitivos ou provisionais, e segundo a base IV.6 das convocatorias, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñesen desempeñando con carácter definitivo sempre que figure na relación de postos de traballo aberto ao corpo da Administración xeral a que acceden.

Segundo. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos e que, segundo a base IV.6 das convocatorias, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases das convocatorias, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Terceiro. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Cuarto. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a chave de acceso á aplicación de cada un dos procesos selectivos.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e chave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos».

Quinto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo cuarto. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.

2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo cuarto, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público, o que deberán manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto no parágrafo cuarto, coa cal deberán achegar a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada.

Sexto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicados en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sétimo. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código de procedemento PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017, que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal; ou ben presentarán a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Oitavo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo a que se accede e da orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no seu proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por ela.

A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

As persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario de carreira e adxudicatarias provisionais ou definitivas, segundo o caso, dos postos de traballo relacionados nesta resolución disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

As persoas aspirantes que obteñan un destino provisional deberán optar ás prazas que se oferten na elección de destino definitivo.

Noveno. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal

Décimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Nº orde elección destino

DNI

Apelidos e nome

Proceso selectivo

1

***3218**

Naya Belio, Laura

Enx. Camiños

2

***8548**

González Martínez, Iván

Enx. Camiños

3

***2568**

Álvarez Diñeiro, David

Enx. Camiños

4

***8908**

Cernadas Soto, Jesús Javier

Enx. Camiños

5

***0062**

Vila Vilariño, María Isabel

Enx. Camiños

6

***8006**

Martínez Alfonsín, Leticia

Enx. Camiños

7

***6463**

Fernández Añón, Roi

Enx. Camiños

8

***4793**

López Muiña, Sergio

Enx. Camiños

9

***3771**

Fernández Sierra, Beatriz

Enx. Tec. Obras públicas

10

***3926**

Melchor López, Jacobo

Enx. Tec. Obras públicas

11

***5170**

Rico Díaz, Adrián

Enx. Tec. Obras públicas

12

***5836**

González Arias, Luis

Enx. Tec. Obras públicas

13

***4914**

Vázquez Novo, Diego

Enx. Tec. Obras públicas

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Nome

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Niv.

Titulación

Formación

Observacións

1

IVA100000015770008

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

2

IVA100000015770009

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

3

IVA100000015770010

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

4

IVA100000015770012

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

5

IVA100000015770020

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1

26

6

IVA100000215770115

Xefatura Unidade Técnica de Expropiacións

IV

Área de Planificación e Proxectos

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A1, A2

26

7

IVA191000032001011

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense

Axencia Galega de Infraestruturas (Servizos periféricos)

Ourense

A1

26

8

IVA191000036001009

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra

Axencia Galega de Infraestruturas (Servizos periféricos)

Pontevedra

A1

26

9

MAO110000415770035

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade

IGVS/Dirección Xeral do IGVS.

Santiago de Compostela

A1

26

Carné de conducir B1 (mérito).

10

MAA010000115770037

Área de Verteduras

IV

S. X. de Xestión do Dominio Público Hidráulico

Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A1

26

Enxeñaría de camiños, canles e portos; Enxeñaría industrial

11

PXA200000215770052

Xefatura Sección Supervisión Técnico-Turística

CU

Secretaría de Coordinación Económica e Administrativa

Axencia Turismo de Galicia

Santiago de Compostela

A1, A2

25

Arquitectura/ Enxeñaría; Arquitectura técnica/Enxeñaría técnica

12

IVA100000015770036

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IV

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A2

22

13

IVA100000215770055

Xefatura sección técnica I

IV

Área de Planificación e Proxectos

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A2

25

14

IVA100000215770155

Xefatura sección técnica III

IV

Área de Planificación e Proxectos

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A2

25

15

IVA100000315770055

Xefatura sección seguimento obras

IV

Área de Construción, Explotación e Seguridade Viaria

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A2

25

16

IVA100000315770160

Xefatura sección técnica

IV

Área de Construción, Explotación e Seguridade Viaria

Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)

Santiago de Compostela

A2

25

17

IVA191000015001015

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña

Axencia Galega de Infraestruturas (Servizos periféricos)

A Coruña

A2

22

18

IVA191000015001016

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña

Axencia Galega de Infraestruturas (Servizos periféricos)

A Coruña

A2

22

19

IVA191000032001018

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega e Infraestruturas de Ourense

Axencia Galega de Infraestruturas (Servizos periféricos)

Ourense

A2

22

20

IVA191000032001060

Xefatura sección técnica I

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega e Infraestruturas de Ourense

Axencia Galega de Infraestruturas (Servizos periféricos)

Ourense

A2

25

21

IVA191000036001042

Xefatura sección técnica II

IV

Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra

Axencia Galega de Infraestruturas (Servizos periféricos)

Pontevedra

A2

25

22

MAA010000215770007

Enxeñeiro técnico de funcións facultativas

IV

S. X. de Programación e Proxectos

Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A2

22

Enxeñaría técnica de obras públicas

23

MAA010000215770055

Sección técnica

IV

S. X. de Programación e Proxectos

Augas de Galicia

Santiago de Compostela

A2

25

Enxeñaría técnica de obras públicas

24

MAA992000015001049

Distrito A Coruña norte

IV

Demarcación Galicia-Norte (A Coruña)

Augas de Galicia (Servizos periféricos)

A Coruña

A2

22

Enxeñaría técnica de obras públicas

25

MAA992000015770049

Distrito A Coruña II

IV

Demarcación Galicia-Centro (Santiago de Compostela)

Augas de Galicia (Servizos periféricos)

Santiago de Compostela

A2

22

Enxeñaría técnica de obras públicas

26

MAA992000027001017

Sección técnica

IV

Demarcación Bacías Intercomunitarias (Lugo)

Augas de Galicia (Servizos periféricos)

Lugo

A2

25

Enxeñaría técnica de obras públicas