De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáselle publicidade á encarga da Consellería de Facenda e Administración Pública á Fundación Semana Verde de Galicia, que ten as seguintes características:
Actividade: encárgase á Fundación Semana Verde de Galicia que lle preste á Dirección Xeral da Función Pública os traballos de posta á disposición das instalacións necesarias para a organización e execución das probas de acceso a distintos corpos e categorías da Administración, que teñen lugar nos días que a seguir se indican:
Data e lugar |
Proceso selectivo |
Aspirantes |
DOG |
12.6.2021 Mañá: Silleda, Vigo e Lugo |
C1 libre |
6.117 |
Orde do 22.11.2019 (DOG nº 224, do 25 de novembro) |
12.6.2021 Mañá: Silleda |
Grupo III, categoría 2 e 62 |
86 |
Orde do 22.11.2019 (DOG nº 224, do 25 de novembro) |
12.6.2021 Tarde: Silleda |
A1 libre |
664 |
Orde do 22.11.2019 (DOG nº 225, do 26 de novembro) |
Grupo I, categoría 004 |
90 |
Orde do 22.11.2019 (DOG nº 225, do 26 de novembro) |
|
13.6.2021 Mañá: Silleda |
A2 libre |
192 |
Orde do 22.11.2019 (DOG nº 225, do 26 de novembro) |
Grupo II, categoría 007 |
63 |
Orde do 22.11.2019 (DOG nº 225, do 26 de novembro) |
|
20.6.2021 Mañá: Silleda e Vigo |
C2 libre e grupo IV, categoría 1 |
5.028 |
Orde do 22.11.2019 (DOG nº 224, do 25 de novembro) |
20.6.2021 Tarde: Silleda e Vigo |
C2 libre e grupo I |
5.028 |
Orde do 22.11.2019 (DOG nº 224, do 25 de novembro) |
3.7.2021 Mañá: Silleda |
A2 PI e C2 PI |
587 |
Ordes do 7.1.2020 (DOG nº 21, do 31 de xaneiro) |
3.7.2021 Tarde: Silleda |
A1 PI e C1 PI |
1.073 |
Ordes do 7.1.2020 (DOG nº 21, do 31 de xaneiro) |
4.7.2021 Mañá: Silleda, Lugo e Santiago de Compostela |
Subalternos e categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) |
7.373 |
Ordes do 5.3.2019 (DOG nº 49, do 11 de marzo) |
4.7.2021 Tarde: Silleda, Lugo e Santiago de Compostela |
Subalternos e categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) |
7.373 |
Ordes do 5.3.2019 (DOG nº 49, do 11 de marzo) |
Natureza e alcance da xestión da encarga: encarga a medios propios ao ter a Fundación Semana Verde de Galicia a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Orzamento: 797.481,59 €. O gasto impútase á aplicación 23.04.124A.226.13 (código de proxecto 2015/00187) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de 2021.
Esta operación non está suxeita ao IVE segundo o establecido no artigo 7.8 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2021
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde 9.1.2012; DOG do 13 de xaneiro)
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio da Consellería de Facenda