Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 32025

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de xuño de 2021 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo do persoal laboral da Xunta de Galicia, segundo o disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

A disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia regula que o persoal laboral fixo das administracións públicas incluídas no ámbito da súa aplicación que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estea a realizar funcións ou desempeñe postos de traballo de persoal funcionario, ou pase a realizar as devanditas funcións ou a desempeñar os devanditos postos en virtude de probas de selección ou promoción interna convocadas antes da data sinalada, poderá seguir a realizalas ou desempeñalas.

Así mesmo, esta disposición, no seu ordinal segundo, recolle que o Consello da Xunta de Galicia establecerá, a través das relacións de postos de traballo (RPT), a valoración, clasificación e determinación dos postos de traballo afectados por esta norma na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

Para dar cumprimento ao establecido na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, esta administración incorporou as prazas obxecto de funcionarización no anexo V do Decreto 160/2018, do 13 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018 (DOG núm. 239, do 17 de decembro), e do Decreto 33/2019, do 28 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019 (DOG núm. 67, do 5 de abril).

O Decreto 165/2019, do 26 de decembro, establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

En desenvolvemento deste procedemento, a Dirección Xeral da Función Pública elaborou a presente modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e determinou previamente aqueles postos do persoal laboral da Xunta de Galicia afectados polo proceso de funcionarización.

Esta modificación de postos de traballo debe estar aprobada con anterioridade á toma de posesión do persoal que adquira a condición de funcionario de carreira, xa que serán estes postos de traballo os que figurarán na orde da Consellería de Facenda e Administración Pública pola que se regule o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización, convocados polas resolucións da Dirección Xeral da Función Pública do 7.2.2020.

Cómpre sinalar que nesta relación de postos de traballo, ademais de recoller aqueles postos do persoal laboral fixo que superou os procesos de funcionarización correspondentes, figuran tamén outros postos de persoal laboral tamén a obxecto de funcionarización sobre os cales se indica que:

Os postos de traballo do persoal laboral fixo que non superou o proceso manteñen a ocupación como persoal laboral fixo.

O persoal laboral temporal e indefinido non fixo continuará desempeñando as súas funcións nos postos que viñan ocupando, nas mesmas condicións e situación, ata que se leve a cabo o establecido na disposición transitoria primeira bis da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, logo do remate dos procesos de funcionarización que se convoquen ao abeiro das ofertas de emprego dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021.

Para a determinación dos postos que son susceptibles de seren clasificados como de persoal funcionario tívose en conta o artigo 6 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, modificado o seu anexo pola Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 10 de marzo de 2021 (DOG núm. 61, do 31 de marzo), que establece o seguinte:

Clasificaranse como de persoal funcionario os postos de traballo definidos actualmente nas respectivas RPT como de adscrición de persoal laboral dalgunha das categorías recollidas no anexo desta norma.

A clasificación como de persoal funcionario realizarase no corpo, na escala ou na especialidade previstos como equivalente no mencionado anexo.

Así mesmo, tívose en conta o disposto na Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 10.3.2021 pola que se modifica o anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, que establece a equivalencia entre as correspondentes categorías profesionais do persoal laboral e as correspondentes escalas do persoal funcionario.

A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do seu vínculo xurídico coa Administración, figura prevista para o 1 de xullo de 2021, por iso e co fin de que se cumpran os trámites oportunos, en canto á expedición das dilixencias de cesamento correspondentes, esta RPT entrará en vigor o 25 de xuño de 2021.

En consecuencia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 24 de xuño de 2021 adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo do persoal laboral da Xunta de Galicia nos termos que se sinala no anexo a este acordo.

Segundo. Clasificar de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación

Criterio

PS.C05.00.005.15770.002

Director/a Cegadi

Especial responsabilidade por dirixir centros con características singulares:

• Responsable de centro en que están internadas persoas dependentes

PS.C99.40.501.15001.001

Director/a do CAPD

Especial responsabilidade por dirixir centros con características singulares:

• Responsable de centro en que están internadas persoas dependentes

PS.C99.40.801.15190.001

Director/a administrador/a

Especial responsabilidade por dirixir centros con características singulares:

• Responsable de centro en que están internadas persoas dependentes

PS.C99.40.801.15770.001

Director/a residencia de maiores

Especial responsabilidade por dirixir centros con características singulares:

• Responsable de centro en que están internadas persoas dependentes

PS.C99.40.802.15770.001

Director/a residencia de maiores

Especial responsabilidade por dirixir centros con características singulares:

• Responsable de centro en que están internadas persoas dependentes

PS.C99.40.801.36260.001

Director/a administrador/a

Especial responsabilidade por dirixir centros con características singulares:

• Responsable de centro en que están internadas persoas dependentes

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor o día 25 de xuño de 2021.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 24 de xuño de 2021, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo do persoal laboral da Xunta de Galicia, coa finalidade de cumprir tal acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file