A Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de autonomía de Galicia, e o Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, recoñécen a esta as competencias en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado en todos os niveis e graos, modalidades e especialidades, consonte os preceptos emanados da Constitución e das leis que lle sexan de aplicación, competencias que foron asumidas polo Decreto 114/1982, do 1 de setembro, e asignadas á esta Consellería de Cultura, Educación e Universidade no seu artigo 2.
No marco destas competencias, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, co propósito de actualizar a cualificación dos cidadáns e das cidadás, persegue como un dos obxectivos básicos para a formación profesional o de dar unha resposta puntual e axeitada ás necesidades de formación profesional provenientes do mundo produtivo.
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu artigo 5.1 que todas as persoas deben ter a posibilidade de se formar ao longo da vida, dentro e fóra do sistema educativo, co fin de adquirir, actualizar, completar e ampliar os seus coñecementos, así como as súas capacidades, habilidades, aptitudes e competencias, para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Ademais, o artigo 5.2 establece que o sistema educativo ten como principio propiciar a educación permanente. Para tal efecto, debe preparar o alumnado para aprender por si mesmo e debe facilitar ás persoas adultas a súa incorporación ás ensinanzas, favorecendo a conciliación da aprendizaxe coas outras responsabilidades e actividades.
A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, ten por obxecto a ordenación dun sistema integral de formación profesional, cualificación e acreditación que responda con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das diversas modalidades formativas. A lei establece como un dos fins do Sistema nacional das cualificacións e da formación profesional o de promover unha oferta formativa de calidade, actualizada e adecuada aos seus destinatarios, consonte as necesidades de cualificación do mercado laboral e as expectativas persoais de promoción profesional.
O Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, regula no seu artigo 27 os cursos de especialización de formación profesional.
O Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, regula, entre outras cuestións, determinados aspectos da formación profesional dual, que combina os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación.
O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, establece no capítulo V as vías para obtención dos títulos de formación profesional e os réximes e modalidades das ofertas de formación profesional. O artigo 19 recolle que as ofertas de accións formativas de formación profesional irán dirixidas á adquisición e á mellora das competencias e das cualificacións profesionais, promoverán a formación permanente e organizaranse en ciclos formativos e en cursos para unha maior especialización ou formación específica para determinados colectivos, co fin de que as persoas avancen no seu itinerario de formación profesional, independentemente da súa situación en cada momento.
A disposición adicional segunda deste decreto determina que a consellería con competencias en materia de educación promoverá a colaboración coas empresas e as entidades empresariais e, en particular, coas máis implicadas en sectores clave da economía galega e as relacionadas cos sectores emerxentes. Esta colaboración ten como finalidade, entre outras, a posibilidade de impartir módulos profesionais incluídos en títulos de formación profesional ou módulos formativos incluídos en certificados de profesionalidade nas instalacións das empresas, co fin de garantir que a formación se realice cos equipamentos propios da actividade, así como a actualización profesional.
Os ciclos e cursos de especialización incorporados a esta oferta poderán ser obxecto de cofinanciamento polo Ministerio de Educación e Formación Profesional no marco do Plan de formación profesional para o crecemento económico e social e a empregabilidade, e pola Unión Europea-NextGenerationEU.
De acordo coas competencias que ten conferidas esta Consellería de Cultura, Educación e Universidade,
DISPOÑO:
Artigo 1. Actualización da oferta
1. Actualízase a oferta de ciclos formativos polo réxime para as persoas adultas na modalidade dual en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso académico 2021/22 (anexo I).
2. Actualízase a oferta de cursos de especialización polo réxime ordinario en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso académico 2021/22 (anexo II).
Artigo 2. Número mínimo de solicitudes
1. Nos ciclos da modalidade dual exíxese un mínimo de doce solicitudes de matrícula admitidas por centro educativo nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e de oito solicitudes en cada centro do resto de Galicia.
2. Nos cursos de especialización exíxese un mínimo de doce solicitudes de matrícula admitidas de primeira opción por cada centro educativo no prazo ordinario de presentación de solicitudes.
Un número menor de solicitudes require a autorización expresa da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional para pór en funcionamento estas ensinanzas e, mentres non se dispoña desta autorización, non se poderá formalizar matrícula ningunha. A condición do número mínimo de solicitudes débese comunicar ás persoas interesadas no momento da súa solicitude de admisión.
Artigo 3. Admisión e matrícula nos cursos de especialización
1. As instrucións e as datas relativas ao proceso de admisión para o curso 2021/22 serán as establecidas no calendario xeral de admisión ás ensinanzas de formación profesional publicado pola Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.
2. O alumnado admitido por primeira vez nun curso de especialización deberá matricularse en todos os módulos que o compoñen.
Disposición adicional primeira. Ordenación e proceso de admisión na formación profesional dual
Aos ciclos formativos de formación profesional dual autorizados nesta orde seralles de aplicación a ordenación e o proceso de admisión establecidos na Orde do 14 de xuño de 2018 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades, coas seguintes excepcións:
1. O contido do artigo 2.a) da dita orde, relativo aos requisitos das persoas solicitantes, modifícase e queda redactado como segue: «Ter dezaoito anos ou facelos no ano natural de inicio do ciclo formativo».
2. As datas relativas ao proceso de admisión para o curso 2021/22 serán as establecidas para os proxectos de formación profesional dual dentro do calendario xeral de admisión a ciclos formativos de formación profesional publicado pola Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional. Neste calendario estarán fixadas as datas do prazo de solicitudes, publicación das listaxes de persoas solicitantes, períodos de reclamación, período de selección do alumnado pola entidade colaboradora, listaxe de persoas admitidas e en espera e datas de matrícula para as persoas seleccionadas.
Disposición adicional segunda. Formación específica
Autorízase a oferta de formación especifica de xeito experimental en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2021/22 (anexo III).
Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo
Autorízanse a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e a Secretaría Xeral Técnica para adoptaren todos os actos e medidas necesarias para a aplicación desta orde.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2021
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
ANEXO I
Ciclos formativos autorizados na modalidade de formación
profesional dual para o curso 2021/22
A Coruña.
Concello |
Código |
Centro |
Código |
Ciclo |
Arzúa |
15027733 |
IES de Arzúa |
ZMAGA01 |
Produción agroecolóxica |
Cedeira |
15026376 |
IES Punta Candieira |
ZMCOM01 |
Actividades comerciais |
Cee |
15003224 |
IES Fernando Blanco |
ZSELE03 |
Automatización e robótica industrial |
Coruña, A |
15005257 |
IES Ramón Menéndez Pidal |
ZMCOM02 |
Comercialización de produtos alimentarios |
ZSCOM01 |
Transporte e loxística |
|||
ZSCOM03 |
Xestión de vendas e espazos comerciais |
|||
15005269 |
IES Urbano Lugrís |
ZMIMA03 |
Mantemento electromecánico |
|
15005397 |
IES Fernando Wirtz Suárez |
ZSIFC03 |
Desenvolvemento de aplicacións web |
|
15022607 |
CIFP Ánxel Casal-Monte Alto |
ZM19001 e ZMSSCO1 |
Dobre titulación en Coidados auxiliares de enfermaría e Atención a persoas en situación de dependencia |
|
15024513 |
CIFP Someso |
ZMTMV02 |
Electromecánica de vehículos automóbiles |
|
ZSIMP01 |
Estética integral e benestar |
|||
15027770 |
IES A Sardiñeira |
ZSQUI02 |
Química industrial |
|
15027897 |
CIFP Paseo das Pontes |
ZMHOT01 |
Cociña e gastronomía |
|
ZMHOT02 |
Servizos en restauración |
|||
ZMTCP01 |
Confección e moda |
|||
Culleredo |
15005749 |
IES Universidade Laboral |
ZSELE04 |
Mantemento electrónico |
ZSENA04 |
Xestión da auga |
|||
ZSIMA02 |
Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos |
|||
ZSIMA03 |
Mecatrónica industrial |
|||
Curtis |
15022620 |
IES de Curtis |
ZSTMV01 |
Automoción |
Ferrol |
15006754 |
CIFP Ferrolterra |
ZMIMA02 |
Instalacións de produción de calor |
ZSELE04 |
Mantemento electrónico |
|||
ZSENA02 |
Enerxías renovables |
|||
ZSFME01 |
Programación da produción en fabricación mecánica |
|||
ZSFME03 |
Deseño en fabricación mecánica |
|||
ZSIMA03 |
Mecatrónica industrial |
|||
15006778 |
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro |
ZMCOM02 |
Comercialización de produtos alimentarios |
|
ZSCOM03 |
Xestión de vendas e espazos comerciais |
|||
15021469 |
IES Leixa |
ZM19001 e ZMSSCO1 |
Dobre titulación en Coidados auxiliares de enfermaría e Atención a persoas en situación de dependencia |
|
Ordes |
15027782 |
IES Ordes |
ZSTMV01 |
Automoción |
Ponteceso |
15026406 |
IES Eduardo Pondal |
ZSTMV01 |
Automoción |
Pontes de García Rodríguez, As |
15021767 |
IES Plurilingüe Castro da Uz |
ZSELE04 |
Mantemento electrónico |
Ribeira |
15014556 |
CIFP Coroso |
ZMINA03 |
Elaboración de produtos alimentarios |
ZSTMV01 |
Automoción |
|||
Santiago de Compostela |
15015767 |
CIFP Politécnico de Santiago |
ZMENA01 |
Redes e estacións de tratamento de augas |
ZMMAM03 e ZMQUI02 |
Procesamento e transformación da madeira e oferta parcial do ciclo de Operacións de laboratorio |
|||
ZMTMV01 |
Carrozaría |
|||
ZSELE01 |
Sistemas electrotécnicos e automatizados |
|||
ZSELE02 |
Sistemas de telecomunicacións e informáticos |
|||
ZSFME02 |
Construcións metálicas |
|||
ZSMAM01 |
Deseño e amoblamento |
|||
ZSQUI01 |
Laboratorio de análise e de control de calidade |
|||
15016000 |
CIFP Compostela |
ZMHOT02 |
Servizos en restauración |
|
ZMINA01 |
Panadaría, repostaría e confeitaría |
|||
ZSHOT01 |
Xestión de aloxamentos turísticos |
|||
15021482 |
IES San Clemente |
ZSIFC03 |
Desenvolvemento de aplicacións web |
|
15023466 |
IES Lamas de Abade |
ZM19001 |
Coidados auxiliares de enfermaría |
|
15026753 |
IES A Pontepedriña |
ZMCOM02 |
Comercialización de produtos alimentarios |
|
ZSCOM01 |
Transporte e loxística |
|||
ZSCOM03 |
Xestión de vendas e espazos comerciais |
|||
Zas |
15027368 |
IES Maximino Romero de Lema |
ZSIFC03 |
Desenvolvemento de aplicacións web |
Lugo.
Concello |
Código |
Centro |
Código |
Ciclo |
Chantada |
27003175 |
IES Val do Asma |
ZSIFC03 |
Desenvolvemento de aplicacións web |
Foz |
27020562 |
IES de Foz |
ZMCOM01 |
Actividades comerciais |
ZSHOT04 |
Dirección de cociña |
|||
ZSHOT05 |
Dirección de servizos de restauración |
|||
Lugo |
27006516 |
CIFP Politécnico de Lugo |
ZM19001 e ZMSSCO1 |
Dobre titulación en Coidados auxiliares de enfermaría e Atención a persoas en situación de dependencia |
ZMINA03 |
Elaboración de produtos alimentarios |
|||
ZSELE03 |
Automatización e robótica industrial |
|||
27006528 |
CIFP As Mercedes |
ZSCOM03 |
Xestión de vendas e espazos comerciais |
|
ZSCOM04 |
Márketing e publicidade |
|||
ZSTMV01 |
Automoción |
|||
Mondoñedo |
27006966 |
IES Plurilingüe San Rosendo |
ZMAGA04 |
Aproveitamento e conservación do medio natural |
Monforte de Lemos |
27015311 |
IES A Pinguela |
ZSADG01 |
Administración e finanzas |
ZSIMP02 |
Estilismo e dirección de peiteado |
|||
Ribadeo |
27010921 |
CFEA Pedro Murias |
ZMAGA04 |
Aproveitamento e conservación do medio natural |
Ourense.
Concello |
Código |
Centro |
Código |
Ciclo |
Carballiño, O |
32015037 |
IES Manuel Chamoso Lamas |
ZMFME02 |
Soldadura e caldeiraría |
ZMTMV03 |
Electromecánica de maquinaria |
|||
ZSELE03 |
Automatización e robótica industrial |
|||
Ourense |
32008902 |
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel |
ZM19001 |
Coidados auxiliares de enfermaría |
ZSIFC03 |
Desenvolvemento de aplicacións web |
|||
32015050 |
CIFP A Farixa |
ZSIMP05 |
Termalismo e benestar |
|
32016765 |
CIFP Portovello |
ZMCOM02 |
Comercialización de produtos alimentarios |
|
ZSCOM03 |
Xestión de vendas e espazos comerciais |
|||
Ribadavia |
32015475 |
IES O Ribeiro |
ZMINA03 |
Elaboración de produtos alimentarios |
Vilamarín |
32016285 |
IES de Vilamarín |
ZMAGA03 |
Xardinaría e floraría |
ZSHOT01 |
Xestión de aloxamentos turísticos |
Pontevedra.
Concello |
Código |
Centro |
Código |
Ciclo |
Estrada, A |
36002359 |
IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez |
ZMMAM02 |
Instalación e amoblamento |
ZSIFC01 |
Administración de sistemas informáticos en rede |
|||
Lalín |
36013758 |
IES Laxeiro |
ZSFME02 e ZSEOC02 |
Construcións metálicas e oferta parcial do ciclo de Proxectos de obra civil |
Moaña |
36004745 |
IES Plurilingüe A Paralaia |
ZSELE03 |
Automatización e robótica industrial |
Pontevedra |
36018677 |
IES Luís Seoane |
ZMCOM02 |
Comercialización de produtos alimentarios |
36020064 |
CIFP Carlos Oroza |
ZMHOT01 |
Cociña e gastronomía |
|
ZSHOT01 |
Xestión de aloxamentos turísticos |
|||
Valga |
36020362 |
IES de Valga |
ZMFME01 |
Mecanizado |
ZMFME02 |
Soldadura e caldeiraría |
|||
Vigo |
36011579 |
IES A Guía |
ZMCOM02 |
Comercialización de produtos alimentarios |
ZSCOM03 |
Xestión de vendas e espazos comerciais |
|||
36013448 |
CIFP Manuel Antonio |
ZMINA03 |
Elaboración de produtos alimentarios |
|
ZSQUI03 |
Fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns |
|||
36014568 |
CIFP Valentín Paz Andrade |
ZMIMA01 |
Instalacións frigoríficas e de climatización |
|
ZMTMV01 |
Carrozaría |
|||
ZSTMV01 |
Automoción |
|||
36017430 |
IES Ricardo Mella |
ZM19001 |
Coidados auxiliares de enfermaría |
|
Vilagarcía de Arousa |
36013771 |
IES Fermín Bouza Brey |
ZSIMA03 |
Mecatrónica industrial |
A distribución dos módulos por cursos estará dispoñible na páxina web www.edu.xunta.es/fp
ANEXO II
Cursos de especialización autorizados polo réxime ordinario
para o curso 2021/22
A Coruña.
Concello |
Código |
Centro |
Código |
Ciclo |
Coruña, A |
15022607 |
CIFP Ánxel Casal-Monte Alto |
CSQUI50 |
Cultivos celulares |
15027897 |
CIFP Paseo das Pontes |
CMHOT50 |
Panadaría e bolaría artesanais |
|
15005397 |
IES Fernando Wirtz Suárez |
CSIFC52 |
Intelixencia artificial e big data |
|
15005269 |
IES Urbano Lugrís |
CMELE50 |
Implementación de redes 5G |
|
Culleredo |
15005749 |
IES Universidade Laboral |
CSIMA51 |
Fabricación intelixente |
CSIMA52 |
Modelado da información da construción (BIM) |
|||
Ferrol |
15006754 |
CIFP Ferrolterra |
CMTMV50 |
Mantemento de vehículos híbridos e eléctricos |
CSELE51 |
Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación |
|||
CSFME50 |
Fabricación aditiva |
|||
15006778 |
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro |
CSIFC50 |
Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información |
|
Santiago de Compostela |
15015767 |
CIFP Politécnico de Santiago |
CSELE51 |
Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación |
15021482 |
IES San Clemente |
CSIFC50 |
Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información |
Lugo.
Concello |
Código |
Centro |
Código |
Ciclo |
Lugo |
27006528 |
CIFP As Mercedes |
CMTMV50 |
Mantemento de vehículos híbridos e eléctricos |
CSIMA50 |
Dixitalización do mantemento industrial |
|||
27006516 |
CIFP Politécnico de Lugo |
CSELE51 |
Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación |
|
CSFME50 |
Fabricación aditiva |
|||
27015773 |
IES Muralla Romana |
CSIFC51 |
Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual |
Ourense.
Concello |
Código |
Centro |
Código |
Ciclo |
Ourense |
32008902 |
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel |
CSQUI50 |
Cultivos celulares |
CSIFC51 |
Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual |
Pontevedra.
Concello |
Código |
Centro |
Código |
Ciclo |
Pontevedra |
36014489 |
CIFP A Xunqueira |
CMTMV50 |
Mantemento de vehículos híbridos e eléctricos |
36020064 |
CIFP Carlos Oroza |
CMHOT50 |
Panadaría e bolaría artesanais |
|
Vigo |
36013448 |
CIFP Manuel Antonio |
CMHOT50 |
Panadaría e bolaría artesanais |
36014568 |
CIFP Valentín Paz Andrade |
CSFME50 |
Fabricación aditiva |
|
36024461 |
IES Audiovisual de Vigo |
CSIMS50 |
Audiodescrición e subtitulación |
|
36018173 |
IES de Teis |
CSIFC52 |
Intelixencia artificial e big data |
|
36011634 |
IES Politécnico de Vigo |
CSIMA51 |
Fabricación intelixente |
|
36017430 |
IES Ricardo Mella |
CMELE50 |
Implementación de redes 5G |
ANEXO III
Formación específica autorizada para o curso 2021/22
Lugo.
Concello |
Código |
Centro |
Módulo formativo/profesional |
Unidade formativa |
Lugo |
27020793 |
CIFP Porta da Auga |
MF1841_2. Preparación e protección de superficies de embarcacións deportivas e de recreo. |
UF2091. Preparación da embarcación no entorno náutico. |
UF2290. Operacións de preparación e protección de superficies de embarcacións deportivas e de recreo. |
||||
MF1842_2. Operacións de acabado de superficies da obra morta, cuberta, superestruturas e arboradura de embarcacións deportivas e de recreo. |
UF0917. Prevención de riscos laborais e ambientais en mantemento de vehículos. |
|||
UF2291. Operacións de acabado dla obra morta de embarcacións deportivas e de recreo. |
||||
MF1843_2. Reparación de elementos de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo. |
UF2292. Operacións de reparación de elementos de plástico reforzado con fibra en embarcacións deportivas e de recreo. |
|||
MF1844_2. Construción, adaptación e montaxe de pezas e estruturas de plástico reforzado con fibra de embarcacións deportivas e de recreo. |
UF2293. Operacións de construción, adaptación e montaxe de pezas e estruturas de plástico reforzado con fibra en embarcacións deportivas e de recreo. |
|||
MP0474. Módulo de prácticas profesionais non laborais |
Sen unidades formativas. |
|||
MP0260. Mecanizado básico. |
Sen unidades formativas. |
|||
MP0459. Formación e orientación laboral. |
MP0459_12. Prevención de riscos laborais. |