Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 32094

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 24 de maio de 2021 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2021/22, no texto publicado no Diario Oficial de Galicia número 119, do 24 de xuño de 2021.

Advertido erro na publicación no Diario Oficial de Galicia núm. 119, do día 24 de xuño de 2021, da Orde do 24 de maio de 2021 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2021/22, cuxo texto foi publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 106, do día 7 de xuño de 2021, cómpre emendar o citado erro, deixando sen efecto a orde publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 119, do día 24 de xuño de 2021.