Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 28 de xuño de 2021 Páx. 32658

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (DCT 422/2018).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de María Isabel López Montero fronte a Juan Pablo Álvarez Tello, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 704/2020.

Ourense, 12 de agosto de 2020.

Luis Doval Pérez, maxistrado xuíz de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, viu os presentes autos sobre divorcio contencioso, promovido por María Isabel López Montero, representada pola procuradora Noelia Otero Cuña, e asistida pola letrada Bibiana Blanco Janeiro, contra Juan Pablo Álvarez Tello, en situación de rebeldía procesual.

Resolvo:

Que debo admitir e admito a demanda interposta pola procuradora Noelia Otero Cuña, e decreto a disolución por divorcio do matrimonio entre María Isabel López Montero e Juan Pablo Álvarez Tello, con todos os efectos legais inherentes a tal declaración.

Unha vez firme, inscríbase a presente resolución no Rexistro Civil, á marxe da inscrición de matrimonio cuxa copia consta unida ás actuacións. Líbrese para tal efecto o oportuno mandamento.

Non se efectúa expresa imposición de custas.

Notifíquese ás partes esta sentenza e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, que deberán interpoñer ante este xulgado dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Ourense, logo de consignación do depósito previsto na DA 15ª da LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o dito demandado, Juan Pablo Álvarez Tello, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 7 de xuño de 2021

A letrada da Administración de xustiza