Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 29 de xuño de 2021 Páx. 32943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 9 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2021753AECO por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2021753AECO incoado a 54654764W.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga 3, A Coruña.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións ante a Xefatura Territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

A Coruña, 9 de xuño de 2021

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2021753AECO.

DNI/NIF/CIF: 54654764W.

Último enderezo coñecido: lugar Chave de Ponte, nº 14, Bastavales, 15280 Brión.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.