Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 29 de xuño de 2021 Páx. 32944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 2 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os actos administrativos ditados en varios procedementos (expediente BS210A LU-0000052286 e doce máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas dos requirimentos das emendas das solicitudes, ditados nos procedementos instados por elas, relativos aos expedientes relacionados no anexo.

As persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen poderán comparecer, para teren coñecemento íntegro de acto e constancia del, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base na rúa Serra dos Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que estes requirimentos, que se notifican por comparecencia, lles outorgan ás persoas interesadas un prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, para a emenda da solicitude. Transcorrido o dito prazo sen realizaren a emenda, consideraranse desistidas da súa petición, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e procederase ao arquivamento do expediente logo de resolución ditada de conformidade co disposto no artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 2 de xuño de 2021

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Proced. BS210A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

LU-0000052286

51298119T

Requirimiento documentación

14.4.2021

LU-0000044292

33621068J

Requirimiento documentación

17.11.2020

LU-0000051569

32528404X

Requirimiento documentación

22.12.2020

LU-0000050599

42076201R

Requirimiento documentación

15.10.2020

LU-0000050319

33576351P

Requirimiento documentación

19.8.2020

LU-0000047094

76533489T

Requirimiento documentación

12.11.2020

LU-0000050095

33815372J

Requirimiento documentación

3.11.2020

LU-0000044761

76520141S

Requirimiento documentación

29.12.2020

LU-0000051374

76534477E

Requirimiento documentación

13.1.2021

LU-0000004922

33852944A

Requirimiento documentación

24.2.2021

LU-0000046954

34118859S

Requirimiento documentación

4.3.2021

LU-0000047271

33858408Q

Requirimiento documentación

14.4.2021

LU-0000049213

34286575S

Requirimiento documentación

19.4.2021