Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 29 de xuño de 2021 Páx. 32978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de xuño de 2021, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o intento de mutuo acordo ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra coa clave PO/17/149.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, ao resultar infrutuosos os intentos de notificación, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por este anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o intento de mutuo acordo do expediente expropiatorio polas obras do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA na estrada PO-551, p.q. 29+000 a 32+700, coa clave PO/17/149.06, no concello de Moaña, porque se descoñece a persoa destinataria, se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez intentada esta, non se puido efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para compareceren neste servizo, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, e coñeceren o contido íntegro do intento de mutuo acordo. Transcorrido o dito prazo sen efectuaren a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 2 de xuño de 2021

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

1

36029A04100042

Freire Santomé, José Benito (herdeiros de)

5

36029A03800322

González Pequeño, Delia