Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 29 de xuño de 2021 Páx. 32977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de xuño de 2021, do Servizo Territorial Zona Hidrográfica Galicia Sur, en procedemento polo que se notifican o acordo de incoación e o prego de cargos do expediente sancionador en materia de augas DH.D36.77470.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselle á persoa titular do NIF/NIE 35973941D o acordo de incoación e o prego de cargos do expediente sancionador en materia de augas DH.D36.77470.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o interesado poderá comparecer no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na rúa San Salvador, nº 2, 4º piso, 36204 en Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo de incoación e prego de cargos, e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 3 de xuño de 2021

O xefe do Servizo Territorial de Vigo
P.S. (Resolución do 20.2.2017)
Alberto Bosquet Herreros
Xefe da Área de Autorizacións e Concesións