Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 29 de xuño de 2021 Páx. 32907

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar o 19 e 25 de maio e o 2 de xuño de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019,

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, anular as preguntas número 19, 52, 76 e 144 do primeiro exercicio da quenda de acceso libre e as preguntas 12, 36 e 104 do primeiro exercicio da quenda de promoción interna deste proceso selectivo, realizados o 27 de marzo de 2021. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas número 151, 154, 155 e 158 no exercicio de acceso libre e 111, 112 e 115 no exercicio de promoción interna. Así mesmo, acórdase modificar o modelo de corrección de respostas nas preguntas número 60, en que é correcta a alternativa d), e a número 139, en que é correcta a alternativa d), no exercicio da quenda de acceso libre, e modificar o modelo de corrección de respostas nas preguntas número 20, en que a correcta é a alternativa d), e a número 99, en que a correcta é a alternativa d), do exercicio da quenda de promoción interna. Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións realizadas aos ditos exercicios.

Segundo. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, anular a pregunta número 39 do primeiro exercicio da quenda de acceso libre deste proceso selectivo, realizado o 22 de abril de 2021. O seu lugar pasa a ser ocupado pola pregunta número 151. Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións realizadas ao dito exercicio.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtivesen unha puntuación mínima de trinta puntos (30 puntos).

Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, por acordo deste tribunal, do 10 de marzo de 2021, polo que se establecen os criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio, estableceuse que na quenda de acceso libre superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de 165 aspirantes, sempre que acaden o mínimo fixado nas bases para a parte primeira do exercicio (8 respostas correctas) e acaden na parte segunda do exercicio un mínimo de corenta e cinco (45) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, para o cal se terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Todas as persoas aspirantes presentadas con idéntica puntuación a aquela persoa aprobada que marque a nota de corte consideraranse igualmente aprobadas, aínda que se supere o número de persoas aspirantes antes indicado (165).

Na quenda de acceso libre, asignarase a valoración de 30 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan a nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 30 e os 60 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Feita a corrección na sesión do 4 de xuño de 2021, acadaron a puntuación mínima de 30 puntos un total de 168 aspirantes na quenda de acceso libre. Fixouse en 80,75 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións segundo o establecido na base II.1.1.1 da convocatoria.

Para a quenda de promoción interna, de conformidade coas bases da convocatoria, por acordo deste tribunal, do 10 de marzo de 2021, polo que se establecen os criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio, estableceuse a valoración de 30 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan corenta e cinco (45) respostas correctas na parte específica, unha vez feitos os descontos correspondentes, para o cal se terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Na quenda de promoción interna, asignarase a valoración de 30 puntos no exercicio ás persoas que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre 30 e 60 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), e as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria, pero non superaron o exercicio e ás cales se lles asignou unha puntuación de 0 a 30 puntos, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Así mesmo, publicar a relación das persoas aspirantes presentadas que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.1.2. da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa de estaren en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Sétimo. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2021

Camilo Ríos Gestal
Presidente do tribunal