Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 29 de xuño de 2021 Páx. 32878

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 18 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG535A).

BDNS (Identif.): 571784.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Teñan o seu domicilio fiscal e desenvolvan a súa actividade económica en Galicia.

b) Cumpran os requisitos e as condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento que se detallan no anexo I ás bases reguladoras.

2. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior número 1.

Segundo. Obxecto

Estas bases regulan as condicións e o procedemento de tramitación do Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-Pemes), que se desagrega nas liñas de financiamento específicas detalladas no anexo I ás bases reguladoras.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 18 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG535A).

Cuarto. Importe

Dotaranse provisións polo importe máximo de 1.250.000 € para atender posibles falidos (partida orzamentaria 06.A1.741A.8900) do exercicio 2021. En relación coas compensacións económicas ás SGR, os créditos dispoñibles nesta convocatoria serán de 2.000.000 € para o exercicio 2021 e 500.000 € para o exercicio 2022, partida orzamentaria 06.A1.741A.7700, coa existencia previa de crédito adecuado e suficiente. A subsidiación ao tipo de xuro financiarase con cargo á partida orzamentaria 06.A1.741A.7700, cunha dotación de 2.000.000 € para o ano 2021 e de 1.000.000 € para o ano 2022.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2021

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica