Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 30 de xuño de 2021 Páx. 33061

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade á encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas para a supervisión do proxecto terminal de autobuses integrada en el área intermodal da Coruña-San Cristóbal.

De conformidade cos artigos 8 e 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión de carácter técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á Axencia Galega de Infraestruturas para a supervisión do proxecto terminal de autobuses integrada en el área intermodal da Coruña-San Cristóbal, que ten as seguintes características:

– Obxecto: a elaboración de informes técnicos que sexan precisos para a verificación de que se tiveron en conta as disposicións xerais de carácter legal ou regulamentario, así como a normativa técnica que resulten de aplicación para a aprobación do proxecto referido e as súas modificacións, en su caso.

– Os ditos documentos serán emitidos por persoal técnico cualificado da AXI.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ser a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a AXI órganos pertencentes á mesma consellería con personalidade xurídica propia.

– Prazo de vixencia: a presente encomenda terá a duración estritamente necesaria para a elaboración do/s informe/s técnico/s solicitado/s, finalizando coa entrega destes.

– Supostos de finalización anticipada: por incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou por mutuo acordo.

– Taxas: a encomenda non liquidará ningunha taxa a favor da AXI en concepto de custo polos servizos a prestar en desenvolvemento desta.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2021

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade