Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 30 de xuño de 2021 Páx. 33196

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019 pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 17 de xuño de 2021, o tribunal nomeado mediante Resolución do 7 de maio de 2021 (DOG núm. 91, do 18 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019 (DOG núm. 80, do 26 de abril), acordou, de conformidade co disposto na base II.2.6. da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 8 de xullo de 2021, en chamamento único que se inciará ás 15.30 horas, nas aulas 2 e 11 da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas) de Santiago de Compostela.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2021

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal