Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 30 de xuño de 2021 Páx. 33197

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 7 de xullo de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

En virtude da Resolución do 7 de xullo de 2020 (DOG núm. 141, do 16 de xullo) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro),

DISPOÑO:

Incluír na relación definitiva de persoas aspirantes excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, as seguintes persoas:

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

***5913**

Álvarez Caldas, Carlos

43 (desistencia da solicitude)

***4579**

Castro Pérez, Marcos

43 (desistencia da solicitude)

***6645**

Cepeda Ramos, Andrés

43 (desistencia da solicitude)

***2317**

Vázquez Ferradás, María Luz

43 (desistencia da solicitude)

As persoas anteriormente indicadas quedan excluídas da relación definitiva de aspirantes admitidas ao devandito proceso selectivo.

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso- administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública