Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 2 de xullo de 2021 Páx. 33814

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 25 maio de 2021 pola que se publican as subvencións directas concedidas ao abeiro da Resolución do 23 de novembro de 2020 para o financiamento dun programa extraordinario de apoio no contorno familiar de atención temporal e urxente como consecuencia da pandemia da COVID-19 para o exercicio 2020.

Mediante a Resolución do 23 de novembro de 2020 procedeuse á concesión directa de subvencións aos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento dun programa extraordinario de apoio no contorno familiar de atención temporal e urxente como consecuencia da pandemia da COVID-19 para o exercicio 2020.

De conformidade co establecido no artigo 18.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude, no uso das atribucións establecidas ao abeiro do artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa presidencia, e de acordo coas competencias establecidas no Decreto 216/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións directas concedidas pola Resolución do 23 de novembro de 2020 aos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento dun programa extraordinario de apoio no contorno familiar de atención temporal e urxente como consecuencia da pandemia da COVID-19 para o exercicio 2020, que se relacionan no anexo.

Segundo. O importe total destinado ao financiamento destas subvencións correspondentes ao exercicio 2020 ascendeu a 6.000.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.312D.460.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

Terceiro. As actuacións obxecto de subvención ao abeiro deste programa estiveron formadas por todas aquelas atencións proporcionadas de forma gratuíta no contorno familiar das persoas que o precisaron como consecuencia da pandemia da COVID-19 para a súa atención temporal e urxente durante o período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 30 de novembro de 2020, coas seguintes características:

– O programa proporcionouse temporalmente e de forma gratuíta á persoa usuaria mentres se mantiveron as causas de urxencia que motivaron a súa asignación.

– A adxudicación das actuacións subvencionables ao abeiro deste convenio realizouse con base na elaboración dun informe social en que se determinaron as necesidades de urxencia que motivaron a atención da persoa usuaria a través deste programa e a intensidade da asignación individual de horas de apoio proporcionadas.

– A asignación persoal das horas de apoio temporal e extraordinario asociadas ao programa fíxose coa máxima flexibilidade, con independencia da existencia ou do estado de tramitación do expediente de valoración da situación de dependencia e asignación dun recurso do Sistema para a autonomía e atención á dependencia (SAAD).

– As actuacións obxecto de subvención son compatibles con outros tipos de axudas recibidas polos concellos ou mancomunidades, de ser o caso, para o financiamento dos servizos sociais, calquera que sexa a súa forma de provisión ou acceso e, en particular, coas axudas procedentes do Sistema para a autonomía e atención á dependencia (SAAD), tendo en conta que o importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada, segundo o establecido no artigo 17 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

– A prestación das horas por persoa non estivo limitada e proporcionáronse tanto para atencións iniciais como para incremento de intensidade respecto das horas de apoio que a persoa puidese estar percibindo no seu contorno familiar. Deste xeito, entre outros, proporcionouse apoio prioritariamente aos casos máis urxentes que se detectaron a través do Programa de asignación de recursos, independentemente da orde de prelación existente, a persoas que estivesen recibindo un recurso de Centro de Día e que, debido a circunstancias de forza maior, non puidesen seguir sendo atendidas no centro, ou mesmo persoas con solicitude de dependencia rexistrada que aínda non foran valoradas.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2021

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social

ANEXO

Corporación local beneficiaria

Provincia

Contía

Concello da Baña

A Coruña

5.544,00 €

Concello da Coruña

A Coruña

321.036,00 €

Concello da Laracha

A Coruña

34.656,00 €

Concello da Pobra do Caramiñal

A Coruña

7.380,00 €

Concello de Ames

A Coruña

22.872,00 €

Concello de Aranga

A Coruña

1.680,00 €

Concello de Ares

A Coruña

36.720,00 €

Concello de Arteixo

A Coruña

48.060,00 €

Concello de Arzúa

A Coruña

20.532,00 €

Concello de Bergondo

A Coruña

31.248,00 €

Concello de Betanzos

A Coruña

1.920,00 €

Concello de Boimorto

A Coruña

7.332,00 €

Concello de Boiro

A Coruña

25.860,00 €

Concello de Boqueixón

A Coruña

1.236,00 €

Concello de Brión

A Coruña

9.852,00 €

Concello de Cabana de Bergantiños

A Coruña

21.120,00 €

Concello de Cabanas

A Coruña

216,00 €

Concello de Cambre

A Coruña

34.104,00 €

Concello de Carballo

A Coruña

45.600,00 €

Concello de Carnota

A Coruña

3.576,00 €

Concello de Carral

A Coruña

10.284,00 €

Concello de Cee

A Coruña

7.068,00 €

Concello de Cerceda

A Coruña

6.372,00 €

Concello de Cerdido

A Coruña

2.472,00 €

Concello de Corcubión

A Coruña

8.484,00 €

Concello de Coristanco

A Coruña

12.576,00 €

Concello de Culleredo

A Coruña

4.644,00 €

Concello de Curtis

A Coruña

1.188,00 €

Concello de Dodro

A Coruña

11.496,00 €

Concello de Dumbría

A Coruña

2.088,00 €

Concello de Fene

A Coruña

134.076,00 €

Concello de Ferrol (Css)

A Coruña

69.516,00 €

Concello de Irixoa

A Coruña

192,00 €

Concello de Laxe

A Coruña

11.640,00 €

Concello de Lousame

A Coruña

12.864,00 €

Concello de Malpica de Bergantiños

A Coruña

9.948,00 €

Concello de Mazaricos

A Coruña

6.588,00 €

Concello de Melide

A Coruña

94.896,00 €

Concello de Mesía

A Coruña

2.340,00 €

Concello de Miño

A Coruña

8.772,00 €

Concello de Moeche

A Coruña

8.964,00 €

Concello de Monfero

A Coruña

2.028,00 €

Concello de Mugardos

A Coruña

42.900,00 €

Concello de Muros

A Coruña

16.320,00 €

Concello de Narón

A Coruña

17.868,00 €

Concello de Neda

A Coruña

53.832,00 €

Concello de Noia

A Coruña

32.088,00 €

Concello de Oleiros

A Coruña

6.972,00 €

Concello de Outes

A Coruña

33.216,00 €

Concello de Oza-Cesuras

A Coruña

5.484,00 €

Concello de Paderne

A Coruña

888,00 €

Concello de Padrón

A Coruña

63.648,00 €

Concello de Ponteceso

A Coruña

10.740,00 €

Concello de Pontedeume

A Coruña

7.944,00 €

Concello de Porto do Son

A Coruña

44.616,00 €

Concello de Rianxo

A Coruña

23.028,00 €

Concello de Ribeira

A Coruña

26.532,00 €

Concello de Rois

A Coruña

4.068,00 €

Concello de Sada

A Coruña

99.420,00 €

Concello de San Sadurniño

A Coruña

3.252,00 €

Concello de Santa Comba

A Coruña

1.944,00 €

Concello de Santiago de Compostela

A Coruña

183.768,00 €

Concello de Santiso

A Coruña

30.228,00 €

Concello de Sobrado

A Coruña

49.236,00 €

Concello de Teo

A Coruña

37.140,00 €

Concello de Tordoia

A Coruña

3.468,00 €

Concello de Touro

A Coruña

1.164,00 €

Concello de Trazo

A Coruña

10.668,00 €

Concello de Val do Dubra

A Coruña

10.872,00 €

Concello de Valdoviño

A Coruña

204,00 €

Concello de Vedra

A Coruña

34.176,00 €

Concello de Vilarmaior

A Coruña

5.724,00 €

Concello de Vilasantar

A Coruña

1.404,00 €

Concello de Vimianzo

A Coruña

2.508,00 €

Concello do Pino

A Coruña

3.996,00 €

Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes

A Coruña

50.532,00 €

Concello da Fonsagrada

Lugo

4.008,00 €

Concello da Pastoriza

Lugo

15.900,00 €

Concello da Pobra do Brollón

Lugo

6.276,00 €

Concello das Nogais

Lugo

61.272,00 €

Concello de Abadín

Lugo

5.040,00 €

Concello de Alfoz

Lugo

756,00 €

Concello de Antas de Ulla

Lugo

75.312,00 €

Concello de Baralla

Lugo

13.284,00 €

Concello de Barreiros

Lugo

19.368,00 €

Concello de Becerreá

Lugo

2.808,00 €

Concello de Begonte

Lugo

36.552,00 €

Concello de Bóveda

Lugo

2.796,00 €

Concello de Burela

Lugo

23.316,00 €

Concello de Carballedo

Lugo

3.972,00 €

Concello de Castro de Rei

Lugo

34.932,00 €

Concello de Castroverde

Lugo

2.880,00 €

Concello de Cervo

Lugo

3.732,00 €

Concello de Chantada

Lugo

43.164,00 €

Concello de Cospeito

Lugo

7.668,00 €

Concello de Folgoso do Courel

Lugo

1.212,00 €

Concello de Foz

Lugo

39.552,00 €

Concello de Guitiriz

Lugo

18.360,00 €

Concello de Láncara

Lugo

4.080,00 €

Concello de Lourenzá

Lugo

5.076,00 €

Concello de Lugo

Lugo

394.308,00 €

Concello de Mondoñedo

Lugo

82.812,00 €

Concello de Monforte de Lemos

Lugo

17.400,00 €

Concello de Muras

Lugo

912,00 €

Concello de Negueira de Muñiz

Lugo

2.664,00 €

Concello de Ourol

Lugo

3.144,00 €

Concello de Outeiro de Rei

Lugo

2.508,00 €

Concello de Palas de Rei

Lugo

8.928,00 €

Concello de Pantón

Lugo

432,00 €

Concello de Pedrafita do Cebreiro

Lugo

1.692,00 €

Concello de Pol

Lugo

1.224,00 €

Concello de Portomarín

Lugo

6.240,00 €

Concello de Quiroga

Lugo

4.344,00 €

Concello de Rábade

Lugo

22.488,00 €

Concello de Ribadeo

Lugo

38.400,00 €

Concello de Ribeira de Piquín

Lugo

10.344,00 €

Concello de Riotorto

Lugo

33.972,00 €

Concello de Samos

Lugo

2.148,00 €

Concello de Sarria

Lugo

10.032,00 €

Concello de Sober

Lugo

3.084,00 €

Concello de Taboada

Lugo

5.916,00 €

Concello de Trabada

Lugo

21.204,00 €

Concello de Vilalba

Lugo

56.232,00 €

Concello de Viveiro

Lugo

47.580,00 €

Concello de Xove

Lugo

73.764,00 €

Concello do Corgo

Lugo

23.028,00 €

Concello do Incio

Lugo

900,00 €

Concello do Saviñao

Lugo

57.180,00 €

Concello do Vicedo

Lugo

7.548,00 €

Concello da Bola

Ourense

1.140,00 €

Concello da Peroxa

Ourense

624,00 €

Concello da Rúa

Ourense

5.928,00 €

Concello da Veiga

Ourense

1.992,00 €

Concello de Bande

Ourense

32.844,00 €

Concello de Baños de Molgas

Ourense

5.412,00 €

Concello de Barbadás

Ourense

6.576,00 €

Concello de Carballeda de Avia

Ourense

26.232,00 €

Concello de Castrelo de Miño

Ourense

23.136,00 €

Concello de Castrelo do Val

Ourense

58.116,00 €

Concello de Castro Caldelas

Ourense

3.744,00 €

Concello de Coles

Ourense

5.640,00 €

Concello de Cualedro

Ourense

55.416,00 €

Concello de Entrimo

Ourense

9.768,00 €

Concello de Laza

Ourense

44.484,00 €

Concello de Lobeira

Ourense

5.556,00 €

Concello de Lobios

Ourense

75.948,00 €

Concello de Maside

Ourense

9.804,00 €

Concello de Melón

Ourense

13.008,00 €

Concello de Monterrei

Ourense

37.560,00 €

Concello de Muíños

Ourense

55.476,00 €

Concello de Nogueira de Ramuín

Ourense

18.936,00 €

Concello de Oímbra

Ourense

31.656,00 €

Concello de Ourense

Ourense

149.544,00 €

Concello de Padrenda

Ourense

11.304,00 €

Concello de Punxín

Ourense

17.688,00 €

Concello de Rairiz de Veiga

Ourense

17.064,00 €

Concello de Ribadavia

Ourense

4.020,00 €

Concello de Riós

Ourense

11.376,00 €

Concello de Rubiá (Agrupación Rubiá e Carballeda de Valdeorras)

Ourense

3.108,00 €

Concello de San Cibrao das Viñas

Ourense

4.932,00 €

Concello de San Cristovo de Cea

Ourense

32.424,00 €

Concello de Sandiás

Ourense

4.416,00 €

Concello de Sarreaus

Ourense

4.716,00 €

Concello de Taboadela

Ourense

10.500,00 €

Concello de Verín

Ourense

58.692,00 €

Concello de Viana do Bolo

Ourense

88.500,00 €

Concello de Vilar de Barrio

Ourense

15.456,00 €

Concello de Vilar de Santos

Ourense

1.152,00 €

Concello de Vilardevós

Ourense

22.716,00 €

Concello de Vilariño de Conso

Ourense

4.200,00 €

Concello de Xinzo de Limia

Ourense

3.432,00 €

Concello de Xunqueira de Ambía

Ourense

8.688,00 €

Concello de Xunqueira de Espadanedo

Ourense

2.256,00 €

Concello do Barco de Valdeorras

Ourense

1.692,00 €

Concello do Bolo

Ourense

8.484,00 €

Concello do Pereiro de Aguiar

Ourense

88.056,00 €

Concello dos Blancos

Ourense

10.452,00 €

Mancomunidade de concellos do Carballiño

Ourense

144,00 €

Mancomunidade I.V. do Ribeiro

Ourense

648,00 €

Mancomunidade Terras de Celanova

Ourense

6.396,00 €

Concello da Estrada

Pontevedra

36.252,00 €

Concello da Guarda

Pontevedra

9.012,00 €

Concello da Illa de Arousa

Pontevedra

1.056,00 €

Concello das Neves

Pontevedra

32.112,00 €

Concello de Agolada

Pontevedra

11.028,00 €

Concello de Arbo

Pontevedra

8.760,00 €

Concello de Baiona

Pontevedra

29.832,00 €

Concello de Barro

Pontevedra

17.208,00 €

Concello de Bueu

Pontevedra

2.352,00 €

Concello de Caldas de Reis

Pontevedra

7.848,00 €

Concello de Cambados

Pontevedra

35.100,00 €

Concello de Campo Lameiro

Pontevedra

19.236,00 €

Concello de Cangas

Pontevedra

37.236,00 €

Concello de Catoira

Pontevedra

8.652,00 €

Concello de Cerdedo-Cotobade

Pontevedra

27.048,00 €

Concello de Crecente

Pontevedra

4.008,00 €

Concello de Cuntis

Pontevedra

12.492,00 €

Concello de Forcarei

Pontevedra

7.104,00 €

Concello de Fornelos de Montes

Pontevedra

672,00 €

Concello de Gondomar

Pontevedra

3.132,00 €

Concello de Lalín

Pontevedra

15.396,00 €

Concello de Marín

Pontevedra

23.724,00 €

Concello de Meis

Pontevedra

8.028,00 €

Concello de Moaña

Pontevedra

138.708,00 €

Concello de Mondariz

Pontevedra

29.220,00 €

Concello de Moraña

Pontevedra

91.212,00 €

Concello de Mos

Pontevedra

38.484,00 €

Concello de Poio

Pontevedra

3.288,00 €

Concello de Ponteareas

Pontevedra

41.352,00 €

Concello de Pontecesures

Pontevedra

22.884,00 €

Concello de Pontevedra

Pontevedra

108.936,00 €

Concello de Portas

Pontevedra

16.428,00 €

Concello de Redondela

Pontevedra

27.168,00 €

Concello de Ribadumia

Pontevedra

7.488,00 €

Concello de Rodeiro

Pontevedra

8.328,00 €

Concello de Salceda de Caselas

Pontevedra

1.056,00 €

Concello de Salvaterra de Miño

Pontevedra

924,00 €

Concello de Sanxenxo

Pontevedra

28.812,00 €

Concello de Silleda

Pontevedra

11.208,00 €

Concello de Tomiño

Pontevedra

41.820,00 €

Concello de Valga

Pontevedra

25.248,00 €

Concello de Vigo

Pontevedra

350.820,00 €

Concello de Vila de Cruces

Pontevedra

8.016,00 €

Concello de Vilaboa

Pontevedra

3.132,00 €

Concello de Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

59.892,00 €

Concello de Vilanova de Arousa

Pontevedra

2.112,00 €

Concello de Covelo

Pontevedra

4.272,00 €

Concello do Porriño

Pontevedra

10.824,00 €

Concello de Soutomaior

Pontevedra

39.396,00 €