Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 2 de xullo de 2021 Páx. 33812

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se procede á publicación da reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

No DOG núm. 33, do 18 de febreiro de 2021, publicouse a Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Segundo o número 2 do artigo 6 da Orde do 17 de febreiro, de producirse remanentes de crédito na asignación inicial para o financiamento de cada programa, procederase á reasignación das contías sobrantes para atender as necesidades de crédito doutros programas.

No Programa I de persoas traballadoras autónomas (procedemento TR500A), non existe crédito suficiente na anualidade 2021 para atender todas as solicitudes. Por outra parte, no Programa II de microempresas (procedemento TR500B), unha vez revisados todos os expedientes, compróbase que existe remanente de crédito que se pode reasignar ao outro programa.

En consonancia co parágrafo anterior, o artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establece que a alteración da distribución entre os créditos consignados non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o exposto e co fin de atender máis solicitudes do Programa de axudas I da Orde do 17 de febreiro de 2021,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021, redistribuíndo o crédito asignado en cada programa de axudas e sen variar o orzamento total consignado na convocatoria.

Procedementos

Programa de axudas

Aplicacións

Incremento

Minoración

TR500A

Progr. I

11.04.324C.470.8

3.891.000

Total

3.891.000

TR500B

Progr. II

11.04.324C.470.8

3.891.000

Total

3.891.000

3.891.000

3.891.000

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2021

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social