Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 2 de xullo de 2021 Páx. 33962

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2021 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo convocados mediante Resolución do 7 de maio de 2021.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo no Instituto Galego de Promoción Económica, mediante Resolución do 7 de maio de 2021 (DOG núm. 95, do 24 de maio), esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, aos empregados públicos que se expresan no anexo desta resolución, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por Resolución do 7 de maio de 2021.

Segundo. O cesamento no actual destino dos empregados públicos que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días se non implica cambio de residencia, ou de sete días se comporta cambio de residencia. Cando obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días, conforme ao establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa a así como a daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral de Función Pública.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante este instituto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2021

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Apelidos e nome: Álvarez González, Santiago.

DNI (*): *** 9949 **.

Corpo ou escala: Corpo Superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código de posto: IN.IGAPE.00.005.4050425.

Denominación: subdirector/a de Proxectos Tractores.

Consellería: Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Dependencia: Instituto Galego de Promoción Económica. Área de Proxectos Empresariais.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Yeste Sánchez, Leopoldo.

DNI (*): *** 6979 **.

Corpo ou escala: técnico superior. Persoal do Igape.

Código de posto: IN.IGAPE.00.004.4050403.

Denominación: subdirector/a de Internacionalización.

Consellería: Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Dependencia: Instituto Galego de Promoción Económica. Área de Internacionalización.

Localidade: Santiago de Compostela.