Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 2 de xullo de 2021 Páx. 33964

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Monforte de Lemos

EDICTO (DCT 451/2018).

Eu, Sonia María Espiñeira Vilariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Monforte de Lemos, fago saber que no procedemento de divorcio contencioso 451/2018, se ditou sentenza, o día 27 de xaneiro de 2020, do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Monforte de Lemos, 27 de xaneiro de 2020

Vistos por min, Mónica Ferreiro Quintas, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 dos desta localidade, os presentes autos de divorcio contencioso 451/2018, seguidos ante este xulgado por instancia de Gabriela Ungureanu, representada pola procuradora, Sra. González de la Fuente, e asistida pola letrada Sra. Rodríguez Martínez, fronte a Óscar Cifuentes Rueda, declarado en situación de rebeldía procesual mediante o Decreto do 5 de setembro de 2019. Coa asistencia do Ministerio Fiscal.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvo que, estimando parcialmente a demanda contenciosa de divorcio interposta por Gabriela Ungureanu, representada pola procuradora Sra. González de la Fuente e asistida pola letrada Sra. Rodríguez Martínez, fronte a Óscar Cifuentes Rueda, debo declarar e declaro a disolución por causa de divorcio do matrimonio formado polos anteriormente mencionados cónxuxes con todos os efectos legais, o que comporta a disolución do réxime económico matrimonial entre ambos.

Así mesmo, debo acordar e acordo as seguintes medidas:

1. Atribúese a patria potestade do menor Esteban Nicolás a ambos os dous proxenitores e a garda e custodia á nai.

2. Establécese un réxime de visitas en que o pai poderá estar co menor os períodos en que o pai permaneza en España, sempre que avise a nai con, polo menos, tres días de antelación.

3. O pai deberá aboar mensualmente a cantidade de 1.000 euros en concepto de pensión de alimentos na conta que designe a nai dentro dos 5 primeiros días de cada mes. A devandita contía actualizarase anualmente conforme o IPC ou índice que o substitúa.

Ademais, os gastos extraordinarios do menor deberán ser aboados por metade entre ambos os dous proxenitores.

Iso sen facer especial pronunciamento respecto ás custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que, conforme o disposto no artigo 777.8 da Lei de axuizamento civil, a sentenza ou o auto que aproben na súa totalidade a proposta de convenio só poderán ser impugnados, en interese dos fillos menores ou incapacitados, polo Ministerio Fiscal.

Unha vez que sexa firme a presente resolución, expídase testemuño para a súa anotación marxinal na inscrición de matrimonio dos ex cónxuxes no Rexistro Civil de Monforte de Lemos (Lugo).

Así, por esta miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza».

E para que sirva de notificación a Óscar Cifuentes Rueda, expido o presente edicto.

Monforte de Lemos, 7 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza