Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: LMTS ATI724-733 ao CR Sanguiñeda.
Situación: Mos.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 400 metros de lonxitude, con orixe nos pasos aéreo-subterráneos no apoio nº 3 C-7000/16, proxectado nas saídas ATI724-ATI733, e final nas celas de liña libres do centro de reflexión Sanguiñeda. Retensado do van aéreo, 55 metros, entre o apoio proxectado nº 3 e o existente nº 2. A instalación está situada no lugar de Monte, Sanguiñeda, concello de Mos.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, DOG núm. 203, do 25 de outubro, esta xefatura territorial resolve:
Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 10 de xuño de 2021
O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro;
DOG núm. 5, do 11.1.2021, artigo 36.3 e 37.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial